Mér, 29 Nov 2017, 13:33
Asunto: Re: Correr Descalzo
gracias por abrir o fío
En este mismo foro hai información ao respecto, pero está mezclada coa de "minimalismo", correr "natural", etc.
Pero si, si alguén ten dúbidas ou quere información,
podemos compartila e falar do tema.
*****
A pregunta máis habitual é...
por qué corres descalzo?
E porqué non!?
As razóns cada un ten as súas, pero correr descalzo hai quen o considera:
-
un fin en si mesmo. Un obxetivo ou reto personal, igual que facer unha milla en 4 minutos. Ten o mérito que cada un lle queira dar.
- un
medio, unha ferramenta. Igual que un pantalón cómodo, unha camiseta de tiras, etc.
Personalmente corro descalzo porque me da gustito, porque fai que corra mellor, porque a miña saúde mellorou. Qué máis pedir!? E non sempre corro descalzo. Depende do lugar, do tipo de terreo, a hora do día, da temperatura, das ganas, etc.
Tampouco se hai que montar películas.
Correr é correr e esto non ten máis importancia que calquer outra cousa. O problema grande que lle vexo eu é que se vexa máis normal recurrir a ortopedia que intentar utilizar o teu corpo do xeito en que está adaptado de serie. Un pouco de curiosidade, polo menos, sería desexable.
Esto de correr descalzo nin cura as lesións nin evita que te poidas lesionar.
Esto escriboo porque coñezo MOITA XENTE que se interesa en esto de correr descalzo porque pensa que se vai recuperar de unha lesión máis rápido, como si fose unha pastilla máis que lle recetan. E non, hai que deixar as cousas claras de inicio aínda que esto me... esté quedando... como o carallo... porque... parece que estou... asustando a posible clientela
Pero as verdades por diante.
Si tes curiosidade, pregunta. Si ves a alguén correndo descalzo non dubides en falar con esa persona. Estará encantada en falar contigo si mostras simplemente curiosidade e respeto
Será máis de fiar que as webs e gurús que se atopan en internet vendendo burras (e zapatillas).
-- Chámame "ghose"