Dom, 03 Dec 2017, 13:31
Asunto: Actualización das puntuación
Como xa se comentou en varias ocasións, aquí ninguén se vai quedar sen enviar os seus puntos
Moitas persoas enviaron a súa solicitude de inscrición en tempo, pero por motivos alleos a eles (un contratempo na organización do circuíto) déronselles de alta con retraso e non puideron enviar os seus puntos. Polo tanto, dende esta madrugada
ABRIMOS TODAS AS CLASIFICACIÓNS ATA O 15 DE DECEMBRO!
Desta forma, podedes enviar os postos de todas aquelas carreiras que non puidéchedes enviar. Consideramos que é un prazo máis que suficiente para que toda persoa poida enviar os seus postos, e así actualizar a súa puntuación no circuíto.
De feito, sabemos que
hai algunha persoa que todavía non aparece como inscrita. Aquelas que estedes nesta situación, por favor, indicade neste mesmo fío quen sodes. Desta forma, en canto vos poidamos dar de alta, poñerémonos en contacto con vós para que nos digades en que carreiras participáchedes e cales foron os vosos postos.
Sentimos as molestias.