Lun, 04 Dec 2017, 12:50
Asunto: Re: Media Maratón Volta á Ría - Memorial Adolfo Ros 2017
Capítulo I – “The winter es coming for quedarse”
8:30 chegada a Fene: -camiseta térmica de manga larga, camiseta tésnica por enriba e braga…non sobra nada.
9:00 Recollida de dorsais, gardaroupa todo ok
10:00 Saída, todos “petadiños” vai frío, distancia mínima entre corredores un pouco de aturullo pero máis polas voltas e revira-voltas que por outra cousa. Modo saída “on” e chegamos Ás Pías
Capítulo II – “Profecía autocumplida”
Case sen decatarme chegamos ao quilómetro cinco e primeiro avituallamiento: “Auga, auga non grazas, se iso chocolate quente”…empezó a pasar alguna xente, algún coñecido e varios descoñecidos, realmente non teño moitas referencias pero esta media decidín toma-la como no capítulo III
Cordón desatado = a profecía autocumplida. Co fríos que tiña os dedos cando puxen as zapatillas pensei “estes van quedar mal atados, xa verás que aínda paro polo camiño”.
En fin, eu sonche moito de non levarme a contraria.
Aparto cara a beira e me aseguro de quen non se van volver a desatar. Miro o crono, quilómetro 5 e xa estou case en 22.30 así que a partir de agora “no pain”
Capítulo III – “No pain”
Levaba un ano (dende a Adolfo Ros do 2016) sen facer unha media e adestrando polo método “sanmikeliano” dende os últimos 6 meses, así que decidín tomala con moita calma.
Despois de ter parado a atar os cordóns xa me decidín a tomala con tranquilidade e se me apetecía “apretar” un pouquiño ao final.
No quilómetro dez case 46 minutos, por calma non ía ser, no quince xa me vou a unha hora e oito minutos así que igual, igual hai que espertar un pouco.
Capítulo IV – “No gain”
O pasado culturista que nunca tiven lémbrame que “no pain, no gain”, ergo, aínda que no 18 decido dar un pouco máis remato en 1.31 que me deixa así un pouco pse, pse...e sen decidir sen vou con algo máis a C 21 ou sigo así en modo “sanmikeliano”
Epílogo
No fío da Adolfo Ros, Álvaro12 (que igual algo desto entende) decide “trolear” un pouco

...disfruto tanto que decido participar con este comentario e dedicarlle unha canción “La mala reputación” versión de Loquillo.