Mar, 05 Dec 2017, 9:51
Asunto: Re: XIII Carreira Popular Mar de Boiro. 11º Memorial Pepe B
Facía tempo que non me poñía nunha liña de saída, e este domingo foi moi agradable volver a sentir o cheiriño a linimento...(por certo, cada vez menos...fai anos collías un colocón nas saídas!!!
. Tampouco correra nunca este novo circuito...a última vez aínda era o de 8 km. E como xa se ten comentado por ahí atrás, envenénase nese derradeiro kilómetro e medio final.
O ambientiño da carreira víase na metade do pelotón, polo que ós de atrás, xa máis espaciados, dábanos tempo a ir divagando. E así, xurdeume a duda de como deben afrontar os portadores dos globos as carreiras. Hai, como mínimo, dúas estratexias: a de ir puntual como reloxio inglés, clavando os tempos, ou ter unha estratexia a longo plazo, para, con ritmos variables, chegar a un fin que é o de clavar o tempo final. Esto viña a conto cando vín que o globo de 55 minutos, fai o primeiro minuto en 4:30, o segundo sobre 4:50...e o terceiro, xa non o vín, que iba morto!!
O tempo final estuvo, efectivamente, nos 55 minutos, co cal cumpleu a súa encomenda. Pero, que pensades: os globos deben "clavar" o ritmo (ou achegarse, cando menos), ou trazar unha estratexia para rematar no tempo que lles encargan??? (Por suposto, que non é en absoluto unha crítica nin á organización nin ós voluntarios que corren para axudarnos, eh!!!!)