Foros ›
Gorróns nas Carreiras Populares
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Lemos_27

Novo foreiro
Novo foreiro
1/04/12
0 Carreiras
21 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 20 Dec 2017, 18:40
Asunto: Re: Gorróns nas Carreiras Populares

Totalmente dacordo contigo halfpenny.
E case co resto dos comentario, porque o de 94duke "non me gusta". Hai atitudes que non se poden xustificar. Tolerancia cero.

Supoño que case todo o mundo ten anécdotas parecidas.
Como nunha Vig-Bay na que lin por aquí que quen era nadie para "xuzgar" se alguén necesitaba comer 2 plátanos ou máis por chegar fundido... (pois meu rei/ miña raíña, se vas chegar fundido leva os teus recuperadores...).

Na Vig-Bay eso agora solucionouse coa fila na que che dan a bolsa e para fora.

E como se di nos comentarios é un problema xeral de educación.

Vos non atopades nos trail botellas a 50 m. do avituallamento? Envases de xeles?
Aos que vai xente que, supostamente, lles gusta o monte...

Este ano tamén me ferveu o sangue ao ver nunha marcha cicloturista como o que levaba diante tiraba o envase do xel valeiro...
Que costa metelo no maillot e tiralo ao chegar a casa?
Que se mancha? Claro, como non o sudache bastante non o vas lavar...

Moita pedagoxía.
Pero como contas a xente que o fai non ten vergoña e aínda teñen máis que dicir.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos