Aguita escribió: |
Boas, esta proba forma parte da copa galega de carreiras por montaña? no calendario da federación galega non aparece |
CDM_Vértice escribió: |
Moi boas Aguita, como ben dixo xabierdeparada, este ano sólo forma parte do Circuito Terra, paso imprescindible para optar a ser proba da Copa, ainda que algún poida pensar que non cumpre cas esixencias da Copa, pero bueno, para iso está a FGM e o Reglamento de Carreiras por Montaña. Un saludo a tod@s e Feliz ano novo. |
lmartsil escribió: |
Boas noites, despois de leer os comentarios entre o CDM Vértice e Xabierdeparada, sobre as carateristicas das probas da Copa Galega de Montaña, gustaríame aportar o que dí o "Regulamento de Competición das Carreiras por Montaña da FGM": Punto 8.2.4 Desniveis e distancias para as probas de Carreiras de Montaña da FGM. -Respecto as Carreiras en liña: Para carreiras de mais de 34 km - Desnivel mínimo acumulado en suba de 1.500 metros Dito esto, a proba da Camelia cumpliría co regulamento, por iso está no Circuito TERRA, e si cumple outros requisitos, poderá optar a homologación da FGM. Espero haber aportado un pouco de información a esta conversa. Un saudo e vemonos no monte ou montaña. |