Lun, 08 Xan 2018, 17:08
Asunto: II Trail da Filloa de Zas (18/02/18)
Xa estamos de volta!! Xa pasou un ano dende a primeira edición. Animovos a que participedes nesta segunda edición. O percorrido do curto ten un 20 % de zonas novas e o Longo un 40 %. Eso sí, sen sacar ningún dos lugares que na primeira edición tivo moito éxito.
E por suposto, non faltaran as FILLOAS (PARTE INDISPENSABLE!!!!).
Aquí vos deixo un pequeno resume!!! se tedes algunha dúbida xa sabedes onde atoparme!!!
Saida: Zas de Carreira ( A Coruña) Praza do Concello de Zas
Domingo, 18 de Febreiro do 2018
Trail Longo: saída ás 9:30 horas
Trail Curto: Saída ás 10:00 horas
Andaina: Saída ás 10:15 horas
Inscripcións:
WWW.TRAILZAS.GALITIMING.COM
+INFO FACEBOOK: @TRAILDAFILLOAZAS.
Proba NON competitiva con saída e chegada no pobo de Zas de Carreira. Realizarase un percorrido polos montes da zona. Sendo o ascenso ó monte Brondo o centro da proba. Pasaremos por varias ribeiras de ríos, carballeiras, soutos , etc. Descubriremos unas das carballeiras máis bonitas e descoñecidas da zona.
O ascenso a Pico de Meda e ó monte Brondo polos cortalumes con gran desnivel e moi técnicos, serán momentos que os corredores recordarán. Chegaremos ós dous picos onde as vistas son espectaculares.
Para rematar pasaremos polos irmáns pequenos do monte Brondo, o monte Pión e o monte Castro. E así chegar de novo a Zas
Non o dubidedes. Apuntadevos ó noso trail que seguro que repetiredes para o ano. Hai dous percorridos:
TRAIL LARGO 28 KM. 1450 m+ (aproximados)
TRAIL CURTO 17 KM . 750 m+ (aproximados)
ANDAINA de 10 kms (Aproximados)