Foros ›
VIII Carreira do Cocido de Lalín
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
vane

Novo foreiro
Novo foreiro
4/01/12
36 Carreiras
32 Mensaxes
Lalín
Respostar citando Envío Dom, 17 Dec 2017, 19:24
Asunto: VIII Carreira do Cocido de Lalín

Confirmada la octava edición de la "Carreira do Cocido de Lalín".
Como ya es costumbre desde las últimas ediciones, se celebra el último fin de semana del mes de Enero.
Nuevamente organizada por el propio Concello de Lalín y con la colaboración del Clube-Escola Atletismo Deza.
En los proximos días estarán abiertas las inscripciones en www.championchipnorte.com


REGULAMENTO:

1. Poderá participar toda persoa que o desexe, a partires dos 3 anos de idade.

2. CATEGORÍAS DE COMPETICIÓN :
Masculina e Feminina excepto a Chupete e Pitufo que será Mixta.
- *CHUPETE: nados no 2013 e posteriores.
- *PITUFOS: nados no -2011-2012.
- BENXAMÍN: nados no 2009-2010.
- ALEVÍN: nados no 2007-2008
- INFANTIL: nados no 2005-2006
- CADETE: nados no 2003-2004
- XUVENIL: nados no 2001-2002
- XUNIOR: nados no 1999-2000
- PROMESA: nado no 1996-97-98
- SENIOR: nados no 1995 ata veterano.
- VETERAN: a partir de 35 e agrupados de 10 en 10 anos

* As categorías chupete e pitufo non son categorías federativas
* Todos os atletas teñen vestiarios e duchas a súa disposición no Lalín Arena.

3. HORARIOS e DISTANCIAS:
10:30 h ABSOLUTA-XUVENIL/JUNIOR-PROMESA-SENIOR- VETERANS (10.000 metros) unha volta o CIRCUITO GRANDE
11:45 ENTREGA DE TROFEOS DA CARREIRA DE 10 KM
12:00 h (ao remate da entrega de trofeos de adultos) INFANTIL, CADETE (1.800 metros). Duas voltas o recorrido
12:15 h ALEVÍN (800 metros).
12:25 h BENXAMÍN (800 metros).
12:35 h PITUFO (200 metros).
12:45 h CHUPETE (100 metros).

13:00 h ENTREGA DE TROFEOS ATA A CATEGORIA CADETE INCLUIDA.


4. INSCRIPCIONS CARREIRA:
A inscrición da carreira e de 6€ a partir da categoría xuvenil (incluída) o resto dos rapaces/as e totalmente gratuíto.
Neste prezo vai incluído o aluguer do chip, que se devolvera o remate da carreira nos puntos indicados.
- A inscrición realizarase a través da plataforma de internet de:www.championchipnorte.com

5. PREMIOS e OBSEQUIOS
Os trofeos non serán acumulativos. Se entregará:
- Trofeo aos 3 primeiros homes e mulleres, da carreira ABSOLUTA.
- Trofeo aos 3 primeiros de cada categoría e sexo.
- Trofeo ao mellor atleta local da categoría sénior, (sempre e cando non este entre os 3 primeiros).
- Trofeo ao atleta de maior idade, tanto feminino como masculino.
- Todos/as os nenos e nenas recibirán medalla conmemorativa
- Bebidas e froita e demais agasallos, ao termino de cada proba.
- Obsequio especial “Embutidos Lalinense”, aos primeiros atletas masculino e feminino da carreira Absoluta e mellor clasificado local, tamén da absoluta e o corredor mais veterano (masculino ou feminino)

6. SAÍDA - META: Rúa Luís González Taboada

7. DORSAIS: A tódolos participantes facilitaráselle dorsal correspondente a súa categoría, colocando o dorsal no seu peito de forma visible para a súa identificación durante a proba e a chegada. O feito de non levalo dará lugar á descalificación do corredor. A RECOLLIDA do dorsal poderase facer na recepción do Lalín Arena o sábado de 16:30 a 20:30h e o domingo desde as 9:00 na carpa establecida na zona da Igrexa


8. CHIP: os atletas, dende benxamín , estarán ademais, identificados a través dun chip que se entregará en aluguer a cada corredor e que deberán colocar nas zapatillas antes da saída. Chegar a meta sen chip, será obxeto de descalificación. Todos os participantes teñen a OBRIGA de devolvelo ao finalizar a proba nos puntos sinalados o pasar a meta.

9. CONTROIS: O longo do percorrido, a organización establecerá controis que estimen oportunos, os cales poderán ser descalificantes para o que cometa algunha irregularidade.


10. Avituallamento: entregarase auga no km 5 da carreira absoluta.

11. Dado o carácter estritamente popular, festivo e deportivo desta proba, a organización agarda de tódolos participantes o mellor espírito deportivo.

12. O descoñecemento deste regulamento, non exime do seu cumprimento.


RECORDAMOS A TODOS OS ATLETAS QUE TEMOS VESTUARIOS E DUCHAS NO LALIN ARENA A VOSA DISPOSICIÓN.
vane

Novo foreiro
Novo foreiro
4/01/12
36 Carreiras
32 Mensaxes
Lalín
Respostar citando Envío Lun, 08 Xan 2018, 15:52
Asunto: Re: VIII Carreira do Cocido de Lalín

¡Buenas tardes!
Cada vez falta menos para la Carrera del Cocido de Lalín... recordad que tenemos parking gratuito hasta las 13 horas, justo al lado de la meta Guiño
Craseski

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
5/10/14
0 Carreiras
178 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 12 Xan 2018, 22:00
Asunto: Re: VIII Carreira do Cocido de Lalín

Se intentará ir, el año pasado fui y me gustó mucho a pesar de que el día no acompaño.
Eso si este año a la salida de los puentes del paseo (creo que el último) poner una vaya o algo para que la gente no ataje porque el año pasado uno de por ahí hizo campo a través y poco mas queda de los 5 primeros (hizo top 10).
En fín que reine la deportividad y el buen rollo. Si todo sale bien se disfrutara de un buen circuito con final en alto :):)
vane

Novo foreiro
Novo foreiro
4/01/12
36 Carreiras
32 Mensaxes
Lalín
Respostar citando Envío Sáb, 13 Xan 2018, 17:31
Asunto: Re: VIII Carreira do Cocido de Lalín

Craseski escribió:
Se intentará ir, el año pasado fui y me gustó mucho a pesar de que el día no acompaño.
Eso si este año a la salida de los puentes del paseo (creo que el último) poner una vaya o algo para que la gente no ataje porque el año pasado uno de por ahí hizo campo a través y poco mas queda de los 5 primeros (hizo top 10).
En fín que reine la deportividad y el buen rollo. Si todo sale bien se disfrutara de un buen circuito con final en alto :):)
Gracias por al información, normalmente ponemos cintas en esa zona... y los voluntarios intentan que las mismas permanezcan en los sitios, pero ya ves... a veces la falta de deportividad de algunos nos lo pone difícil... estaremos más pendientes. Guiño
nando2378

Novo foreiro
Novo foreiro
6/01/17
15 Carreiras
25 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 16 Xan 2018, 18:33
Asunto: Re: VIII Carreira do Cocido de Lalín

Buenas tardes hay algún sitio para saber más o menos el recorrido de la prueba?
runrunrun

Foreiro infantil
Foreiro infantil
5/12/13
60 Carreiras
71 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 18 Xan 2018, 19:17
Asunto: Re: VIII Carreira do Cocido de Lalín

Hola, y ya de paso hay algún sitio para comer un cocido con buena relación calidad/precio?
boroko7

Novo foreiro
Novo foreiro
10/09/15
45 Carreiras
18 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 23 Xan 2018, 9:48
Asunto: Re: VIII Carreira do Cocido de Lalín

Esta é a ruta de fai dous anos, pero creo que se manten.

es.wikiloc.com/rutas-c...6-11991081
Terecarneiro

Novo foreiro
Novo foreiro
28/09/15
0 Carreiras
2 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 26 Xan 2018, 19:25
Asunto: Re: VIII Carreira do Cocido de Lalín

Hola, alguien vende algún dorsal?
No llegue a tiempo de apuntarme y en championchip me dice que ya es imposible
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
491 Carreiras
3764 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 28 Xan 2018, 17:35
Asunto: Re: VIII Carreira do Cocido de Lalín

Pois, que ledicia poder correr, levo dende a carreira de Santiago sen asistir a ningunha e decidín vir a esta polo "mono" que teño, xa que os tratamentos que fixen para a rodilla non foron moi positivos, según o trauma derradeiro recurso, e creo qeu non moi lonxano, operación.
Así que con 2 trotes de 8 e 10 Kms, non fixen máis, xa que me molestou a rodilla ao día seguinte do 2º entreno, (si sesións de máis dunha hora de elíptica)planteime en Lalín.
Un bo nº de participantes nesta fría mañán. Saín da parte traseira e moi suave, xa que non quería arriscar, e ademáis xa vira que no perfil os derradeiros Kms. tiñan moita subida.
Os primeiros Kms. en baixada e chanciños case todo polo fermoso paseo fluvial do río Pontiñas. Vaise cara un extremo e despois dase a volta e vense polo outro lado.
Ata o Km. 6 e pico fun moi ben a un ritmiño uniforme e adiantando xente, despois coincidindo co inicio das subidas (algunha moi dura) fun perdendo fuelle, igual ca maioría da xente.
Para rematar moi contento e sen ningunha molestia saindome un pouquiño por debaixo de 5' km. polo cal me dou máis que satisfeito.
Agora, ainda que estirei bastante ben, noto cargadas as pernas e unha pequena molestia na rodilla, agardar a como me levanto mañán.

Un saudo e felicitar a organización, xa que nunca correra esta carreira, correra en Lalín o 2de xaneiro do 2011 unha benéfica, que discurría en gran parte polo mesmo circuito.
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
654 Carreiras
4770 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Dom, 28 Xan 2018, 17:45
Asunto: Re: VIII Carreira do Cocido de Lalín

Me alegro verte de vuelta,espero que esas molestias tiendan a remitir,cuídate

" Corre la primera parte con tu cabeza,la segunda con tu personalidad,y la tercera con tu corazon."

Mike fanelli,entrenador
maseda

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
3/03/11
0 Carreiras
1339 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Dom, 28 Xan 2018, 19:46
Asunto: Re: VIII Carreira do Cocido de Lalín

Ánimo con esa lesión kurty
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Lun, 29 Xan 2018, 15:15
Asunto: Re: VIII Carreira do Cocido de Lalín

Benvido de novo as carreiras Kurty!! Pouco a pouco, é moita cachola. Os médicos se equivocan,máis do que desexamos, é moito máis en cousas de Xeonllos.
Este ano que decido non ir eu (porque tiña unha na csa). e vas ti e te quedas a tomar o cocido!
Ánimo raparigo!!
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
491 Carreiras
3764 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 31 Xan 2018, 19:11
Asunto: Re: VIII Carreira do Cocido de Lalín

Graciñas aos 3. Nesta carreira paseino moi ben, xa que quería matar o gusaniño, e disfrutar do ambiente das carreiras outra vez.
O día 19 empezo co tratamento con factores de crecemento durante 3 semanas consecutivas un pinchazo. E se non funciona (non me garantizan que sexa efectivo, pero como o cubre o seguro particular, hai que intentalo.) terei que valorar operarme.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos