Lun, 07 Out 2019, 8:28
Asunto: Re: Diario de eumealto
Domingo 06/10/2019
Coruña10 2019
Despois de 3 participacións nas que a C10 sempre foi unha carreira que se me atragantaba, onte por fin podo decir que sucedeu a tormenta perfecta para darlle a volta á tortilla: 10 meses seguidos entrenando regularmente sen lesións, 1 kilo menos de peso na última semana, estos últimos meses participando en poucas carreiras, polo que ganas de competir ó 100%, climatoloxía perfecta para a época do ano, avituallamento no momento xusto en que me empezaba a subir a temperatura... Resultado de todo elo: 44:21 MMP, primera vez que fago Sub45', e mellorando en máis de 2 minutos o tempo da miña última C10 que foi a do 2017.
Á vista dos entrenamentos que estaba facendo últimamente, logo dun 45:53 na SantYago 10K de principios de Maio, o meu obxetivo prioritario era facer sub-45, cousa que levo como 4 anos intentado pero ate este ano iso era máis ben una "quimera" que un obxetivo realista, aquí vos deixo un pequeno resumen de cómo foi a carreira:
Primeira recta paralela ó estadio despois da saída con non moi boas sensacións, achacables penso eu ó pouco quecemento que fixen, pero logo de encarar hacia ó Millenium, a cousa comezou a mellorar, vendo que me poñia a 4:20-4:22 con relativa faciliade, decidin que iba intentar manter ese ritmo polo menos ate o km 5 que comezaba a subida á Torre, e así o fixen, ahí lóxicamente os ritmos empezaban a baixar ate 4:30- 4:33 pero suficientes en calquera caso para acadar o obxetivo sempre e cando nos 3 kms finais non me desfondase, e non me desfondei, salvo o km 8 que costou algo recuperame do esforzo da última rampa antes da rotonda da Torre, pero logo os 2 últimos kms xa me puxen de novo a 4:21, inda coas forzas xustas, pero na cabeza saboreando ese Sub45 que estaba xa a uns poucos metros de conseguir.
Agora o complicado vai a ser mellorar