Xov, 08 Feb 2018, 10:33
Asunto: Re: cross Popular (Cabanas) 10.02.18
Cada vez hai menos probas de cross en Galicia e, as poucas que aínda se celebran non amosan a verdadeira esencia deste tipo de competicións, son
probas que un pode correr sen zapatillas de clavos por poñer un exemplo moi sinxelo, xa non hai terreos embarrados, obstáculos, auga, etc... Con todo isto, a miña opinión persoal con respecto ó cross de cabanas é que, non deberían facer o cross popular conxuntamente co campionato galego máster, as probas federadas deben realizarse por separado, basicamente por tema organizativo, pero é só unha mera opinión nada máis.