Lun, 26 Feb 2018, 16:35
Asunto: Sabotaxes nas probas de trail
Onte os que acudimos ao trail de Ames sufrimos, desde o meu punto de vista, un dos episodios máis vergoñentos que recordo nunha carreira, uns malnacidos adicáronse a sabotear o percorrido cambiando as balizas de sitio ou marcando (con balizas idénticas) camiños alternativos para desviar aos participantes.
Noutras probas ten acontecido que "alguén" quita algunha baliza ou a move, pero o de onte foi máis alá, un acto organizado e totalmente planificado (no que tiveron que intervir por forza máis de unha persoa) coa intención de estropear unha proba deportiva.
Non creo que o responsable sexa o típico paisano ao que lle molesta un "grupo de tol@s" que se adican a correr polo monte unha mañá de domingo. O de onte tiña unha escura finalidade que non son capaz de comprender.
Descoñezo si a algún vos ten pasado algo similar. A min, desde logo, non, pero preocúpame que se poida "poñer de moda".
Hoxe en ser deportivos (Santiago) Iván expliou o acontecido (entrevista a partir do minuto 25):
http://play.cadenaser.com/audio/ser_galicia_serdeportivossantiago_20180226_152000_160000/