Lun, 12 Mar 2018, 16:57
Asunto: Re: 102 KM CARBALLIÑO-SANTIAGO (10-marzo 2018)
Que decir desta proba e que decir da Organización; eu solo teño voas palabras hacia eles porque nos tratan de 10. Fernado, Alberto e o resto de colaboradores MIL GRACIAS por todo o que traballades por nos!!!!
Deixovos un "pequeno" resumen da miña aventura:
102 km Carballiño- Santiago de Compostela[i][u]
Tocaba madrugar e asi foi , as 4.45 levantavame para posteriormente desplazarme hasta Carballiño, onde iba participar na III edición dos 102 km Carballiño-Santiago.
A chegada, recollin o dorsal e as 7 en punto da mañan deron a salida da proba. Todos tiñamos a ilusión de poder completar esta aventura (eu tamen a tiña pero sendo realista sabia que non podría completala esta ano) pero non seria fácil xa que a distancia era moita e as predicions meteoroloxicas anunciaban moi mal tempo con moita chuvia e moito vento, e de feito moitos pensamos que a proba se suspendería debido as distintas alertas que había, pero non foi asi.
Nada mais salir , xa a chuvia empezou a caer, en alguns momentos con bastante intensidade pero tampouco era nada do outro mundo. Os primeiro 36 km da proba son polos montes de Carballiño e Dozon , e ali se acumala a maior parte dos km positivos que por momentos se fan duros pero sin duda e o tramo mais bonito da ruta.
A partir do km 36 entramos no Camiño de Santiago o cal non se deixa xa, ata chegar o Obradoiro.
Tiven a sorte de que me acompañase un rapaz de Noia, Celestino Mato, o cal fixo que a aventura fose mais fácil nos primeiros 50 km, pero unha mala elección de zapatillas obligouno a abandonar nese km 50. Intentei animalo como podía e incluso lle vendei o pé haber si era capaz de seguir pero foi imposible, co cal a partir de ahí quedabanme outros 52 km en solitario.
Emprendin a marcha novamente, as 16.30 da tarde dende Lalin (unha hora menos que dous anos antes) , nun principio sin maiores problemas. Paso Silleda (onde aparece Rosa a cal me iria esperando desde ahí en distintos puntos para darme animos) e dirixome hacia Bandeira onde tiña unha mochila esperando no pabellón para poder cambiarme si o necesitaba, pero xa por Chapa empeza a aparecer un dolor detrás dunha rodilla que me empezou a preocupar. Chego a Bandeira e encontrome ali con moita xente que abandonaba. Ali o vento xa zoaba que metia medo estar dentro do pabellón, pero a min estas locuras gustanme e eu decidin seguir despois de masajear cunha crema a rodilla.
As 20:00 salgo de Bandeira hacia Ponte Ulla. Sinceramente cando iba pasando por Piñeiro,Dornelas e Loimil teño que recoñecer que pasei medo, pois estaba vendo que en calquer momento algún árbol se me viña encima, xa que o vento soplaba fuertísimo. Por suerte non foi asi, e algún que atopei tirado solo tiben que rodéalo, e con estas cheguei a Ponte Ulla. No bar Rios esperabanme unha letejas que me souperon a gloria.
As 23.08 , despois de que a propietaria do bar me dese unhas fregas na rodilla cunha poción “mágica” que ela ten, salin novamente o camiño. Ahora xa non era solo o vento, ahora chovia a mares. Pouco a pouco atravesei os montes de Vedra hacia Lestedo, e tamen co medo a que algún árbol se me votase encima. En Lestedo , iba morto de frio e empapado, e aproveitando que Rosa estaba ali, cambiei de chuvasqueiro e de camiseta termica.
Os dolores nos pés e na rodilla iban en aumento, pero ahora estaba o obxetivo tan cerca que non podía deixalo escapar. Os kilómetros cada vez pasaban mais despacio; a subida por Santa Lucia hacia Angrois fixose larguísima, pero por fin chego a Sar, e entonces por primeira vez sabia que o iba conseguir. Dende ali xa nada me podía deter ; e por pouco me equivoco: subindo Castro de Ouro empezou a caer tal cantidade de auga con un vento huracanado que facia imposible casi manterse en pé. Pero a terco, non hai moitos que me ganen e conseguin chegar a zona vella de Santiago e as 3.41 minutos facia a miña entrada na Plaza do Obradoiro onde me esperaba a Organización (de 10) y como non , a miña muller Rosa.
Foi un deses momentos que non se olvidan. Fun o último, si; pero non todolos días se completan 102 km en menos de 24 horas (20:41), e tendo en conta que casi a mitade dos participantes tiveron que abandonar sintome moi orgulloso da miña participación!!!
Volverei no 2019???......Pode ser,jaja.