Sáb, 31 Mar 2018, 18:44
Asunto: Re: XXXIX CARREIRA POPULAR PASCUA DE PADRÓN
Si, a verdade é que foi bastante surrealista... 21 corredores (á vista do video) que iamos nas posicións 2º a 22º, entramos diante do primeiro por un erro dunha voluntaria da organización que nos indicou mal nun cruce entre o km 3 e o 4. Fixemos en total dous km menos e fomos descalificados, pese a non ser erro noso, obviamente.
Persoalmente tomeino con bo humor e non lle dou maior importancia ó tema. Sen embargo entendo o cabreo de outros corredores que viñeron de moi lonxe para puntuar para o seu equipo e o estar descalificados... viñeron para nada! Incluso o equipo que debera gañar non o fixo, e ahí xa entran cartos de por medio e se complica todo.
Pareceme moi lóxica a solicitude verbal que se fixo de reclasificarnos en bloque no orden que chegamos, pois as posicións estaban claras. Pero co reglamento na man, a descalificación é directa por non completar o percorrido. Claro que ese mesmo reglamento di que o percorrido estará sinalizado e cortado o tráfico, etc... a organización cometeu un erro pero non foi flexible intentando remendalo.
Nada, para o ano hai que levar un papeliño na man e así xa non nos perdemos jajajaja
Última edición por lobo o Sáb, 31 Mar 2018, 20:03; editado 1 vez