maseda escribió: |
Creo que llegaremos a un acuerdo para el ritmo. Si que tenemos que hablarlo. Ir en grupo nos ayudará. Allí nos vemos el domingo. |
sonsuso escribió: |
Semana 6: domingo (Coruña21) Primer mini-obxectivo antes da Coruña42. Tocaba madrugón. Coller o tren ás 7h40 en Compostela e logo paseo ata a zona de saída. Despois de tomar rapidamente un café, onde saudei a varios foreiros coma Doctor Slump, fun ao Obelisco para a Carma foto (con Moussambani, Beauvais, Lete, jgvillanueva e Sanmikel) e a fotokedada do foro máis tarde (consultar a foto para ver quen estaba xD). Moito frío. Cambieime de ropa alí mesmo, e quentei un km escaso cos compañeiros do Carma. Un deles (o novato xD) e tamén famoso foreiro, Sanmikel, sería a miña compañía na carreira. Animouse a ir xuntos e axudarme a conseguir o obxectivo: baixar de 1h23' e así facer marca persoal (a anterior: 1h23'23" na VigBay de 2014). Parecíame un pouco arriscado. Pero a idea era boa igual, pois no peor dos casos sairía unha rodaxe moi boa duns 15 kms e a acabar o mellor posible. Apetecíame probar un pouco para ver en que punto estaba. Quecemento escaso e directos entramos no caixón. Comezamos a carreira coa idea de ir a ritmo constante de 3'55"/km, pero tendo claro que nos primeiros non pasaba nada por perder un pouquiño. O que non podíamos era sacar de punto ao corpo nada máis comezar. Non collín tempo no primeiro km, pero si no segundo: 7'56". Ben, esa era a idea. Sen embargo, como me dixo Sanmikel nese momento, parecía que íamos moi lentos porque nos estaba a adiantar moitísima xente (paso ese km no posto 193 e na saída fun o 120). Seguimos por Oza con un pouco de vento, pero todo ben. Xusto ao entrar en Oza aumentamos 1 ou 2 segundos e xa collemos o ritmo bo. De feito, no km 3 xa pasamos na posición 166 (poño o das posicións, porque reflexa bastante ben a constancia do ritmo en carreira e como pouco a pouco fomos mellorando). Estes 5 primeiros km saíron en 19'40" (3'56"/km). A idea foi a mesma ata xirar na hípica (na volta pequena). Íamos Sanmikel e máis eu tirando dun grupiño, pero no km 9 (aínda que o reloxo marcou 3'59", pois debía estar mal posto o punto quilométrico) aumentamos un pelín de nada o ritmo: 3'52", 3'57" (avituallamento do km10), 3'54", 3'56" (bastante vento en contra en Oza neste km), 3'54" e 3'54". Saíron en 19'38" e 19'35" os parciais de 5km (5-10 e 10-15, respectivamente). Xusto despois do avituallamento do km 15, vinme moi ben e que o corpo pedíame ir aumentar un pelín o ritmo (íamos adiantando a xente, posición 139 no km 12, e a inercia levaba a iso). Así que deixeime levar. Sanmikel quedouse 30-40 metros detrás, díxenlle que se pegara a min e comentoume que ía ben, que tirara para adiante e non me preocupase. El ten pernas para o que estábamos a facer e máis! Pero como despois me dixo, faltaba volume de kms e prefería non arriscar tanto. En calquera caso, o normal (como así foi) era que acabase mellor a min unha vez que non se gardase nada. Así que aumentei o ritmo fixen 3'47" no km 16 e 3'48" no km 17. No seguinte, seguín aumentando e ata fixen case medio km a 3'40"-3'45", pero a parte final coincidía coa subida da hípica (paguei un pouco eses kms e tamén fun conservador para non queimarme) e polo tanto o km 18 saiu en 3'56". Volvín coller ritmo e o km 19 e o km 20 saíron en 3'55" e 3'56" (19'25" ese último parcial de 5km). Xusto nese momento, faltando 1200-1300 metros, colleume Sanmikel (que levaba uns segundos gritándome que seguise, que non baixase!) e foime quitando metros pouco a pouco (foron 8 segundos na meta creo). Non sei se podería agarrarme a el, pero deixeime levar e disfrutar dese km final, baixar de 1h23' estaba conseguido! Aínda así, os últimos 1097 metros fíxenos en 4'09" (3'46"/km). Liña de meta e 1h22'27"!!! Marca persoal por 56 segundos! Contentísimo! Penso que unha carreira moi boa, moi constante, controlando e de menos a máis (aínda que pouca diferencia houbo). Tan só no km 18 sufrí un pouco pola subida, aínda que despois mantiven moi ben o tipo e sen exprimir o corpo nin ir ao límite. Ao mellor, sen esa subida, podería manter o ritmo ata o final. Non o sei, pero xa da igual. Toca disfrutar! Agradecer a Mateo que non parou de animarnos na bicicleta, tanto a min como a Sanmikel ou Pepe, toda a segunda volta! Espectacular!!! Tamén a Amina, Jesús e todos os que non me acorde, non saiba o nome, ou xente en xeral! Incluíndo todos eses grupos de persoas que xa se citaron no fío da carreira! Felicitar a Pepe e a Lete polas súas MMP! Así coma outros como Maseda que fixeron unha rodaxe moi moi boa de cara á C42. E por último, moitas grazas a Sanmikel! Pola compañía durante toda a carreira, non parar de animar e de preocuparse para que non falase (aínda que ás veces non lle moito facía caso jejej). Pese a todo, desagradecido de min, intentei deixalo atrás para resarcirme da semana anterior (na carreira do Entroido), pero unha vez máis está claro quen manda. En realidade era para que apretases un pouco e fixeses a túa segunda mellor marca en media Resumindo (datos): Tempo oficial: 1h22'33" Tempo neto: 1h22'27" Ritmo: 3'54"/km Posición: 118 Parciais de 5km foron: 19'40" (3'56"/km): ----7'56"---- +3'57"+3'54"+3'53" 19'38" (3'56"/km): ----7'49"---- +3'57"+3'59"+3'52" 19'35" (3'55"/km): 3'57"+3'54"+3'56"+3'54"+3'54" 19'25" (3'53"/km): 3'47"+3'48"+3'56"+3'55"+3'56" 04'09" (3'46"/km) |
sonsuso escribió: |
Grazas Meigalicix! Pero polo de agora sigo sendo sonsuso jejeje Non houbo fusión nin intercambio de papeis onte |
sonsuso escribió: |
Creo que xa te teño localizado iRattle. Penso que aparecemos xuntos nalgunha foto que teño da carreira. Vémonos o domingo na Coruña, e ademais embarcados no mesmo obxectivo! Grazas Meigalicix! Pero polo de agora sigo sendo sonsuso jejeje Non houbo fusión nin intercambio de papeis onte |