Foros ›
Autor
Mensaxe
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1338 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 14 Abr 2018, 20:18
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Semana 14: sábado (15' suaves)
2,8 km en 15'18'' pola Alameda de Compostela antes de comer para comprobar que todo estaba no seu sitio e quitarse un pelín ese mono de facer tan poucos kms esa semana.
Agora só toca aproveitar os 853 km que fixen nestas 14 semanas para poder disfrutar máis que nunca e esixirlle un pouquiño máis ca nas anteriores seis maratóns ao corpo.
Aproveito tamén para agradecer a todos os que lle botades unha pequena ollada a este diario, fai que pareza que un non afronta tan só toda a preparación e os entrenos.
Apertas!!!
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3268 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 15 Abr 2018, 11:53
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Os carmacomunicados corren como o lume, pero non quero ser spoiler.

Esperamos ansiosamente crónica detallada.
gefreiter

Experto no foro
Experto no foro
18/11/05
0 Carreiras
4380 Mensaxes
Santiago
Respostar citando Envío Dom, 15 Abr 2018, 12:02
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Yo también he revisado la clasificación, pero tampoco voy a desvelar el resultado antes que el protagonista.
Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3053 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Dom, 15 Abr 2018, 12:13
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Yo solo diré que Suso iba como una moto!!
Beauvais

Maratoniano
Maratoniano
1/09/08
234 Carreiras
8104 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 15 Abr 2018, 12:39
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Fantástico compañero!!!

cronicasdelcarma.blogspot.com/
www.facebook.com/home....6312823999
www.facebook.com/home....0742123559
galaxian

Foreiro Senior
Foreiro Senior
30/11/15
121 Carreiras
427 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 15 Abr 2018, 15:45
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Bravo Suso !! Enhorabuena tío, te lo has currado, te lo has ganado Guiño
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1338 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 15 Abr 2018, 17:33
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Grazas!!! Moitas grazas Meigalicix, Gefreiter, Amina, Beauvais, Galaxian e a todos os que estivéchedes hoxe na Coruña ou entrando por estes lares para ver como foi a carreira.

2h57'39" neto
2h57'46" oficial

Posto 48

MMP por máis de 15 minutos e disfrutando coma un enano! Indo de menos a máis. Arriscando un chisco pero sabendo que ía a gusto, sen sufrir demasiado. Nos 2-3 kms finais, coincidindo con Oza e moito vento decidín baixar uns segundos o ritmo e disfrutar, saborear cada metro e cada saúdo. Mereceu a pena.

Esta noite ou mañá subirei a crónica e contarei todo con detalle, que o garmin estame dando problemas coa actividade para ver os parciais.

Pero non quería deixar de comentar unha cousa agora:

ESPECTACULAR!!!!
Gracias e máis gracias a Mateotn, Amina, Doctor, Litho, Galaxian, Xabi, Montxo, e todos os foreiros que nos animáchedes pese a non correr os 42. Gracias de verdade! É unha pasada correr así! Non se pode describir! Que máis da os pequenos detalles da organización se correr na casa nos permite cousas como esta? Grazas por regalarnos unha mañá coma a de hoxe. Vos sodes parte das nosas marcas, do noso sorriso! Aplauso
Tamén un pracer compartir kms con tantos foreiros coma Maseda, jose.losada, iRattle e outros moitos. Volveremos a compartir kms.
AUGUSTI

Foreiro Senior
Foreiro Senior
25/03/12
2 Carreiras
529 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 15 Abr 2018, 18:41
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Enhorabuena, espectacular!!!
iRattle

Maratoniano
Maratoniano
6/06/14
0 Carreiras
94 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 16 Abr 2018, 15:23
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Noraboa Suso! Un grande, disfrútao moito e vémonos na seguinte
corredor101

Maratoniano
Maratoniano
7/04/08
117 Carreiras
4362 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 16 Abr 2018, 16:45
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Enhorabuena, bajaste de 3 horas sobrado, y eso que creo que fue durilla por el tiempo. A seguir mejorando.
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4277 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 16 Abr 2018, 17:27
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Mucho Suso. Impresionantes 15 minutos.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1338 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 17 Abr 2018, 17:54
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Moitas grazas a todos! Augusti, iRattle, corredor101, freakyrunnning, grazas!!!

Vou a escribir a crónica entón. A verdade é que comecei a escribila, e incitado polas esixencias de Meigalicix, decidín facela con detalle e introducir a carreira. Quedoume algo longo, pero tamén é unha forma de ter perspectiva. De tela eu mesmo. Podía escribilo e non publicalo aquí, pois para min o efecto é o mesmo, pero xa que non son moito de redes sociais... polo menos por un día, sentirme un foreiro de verdade e darme unha pequena licencia para aburrir. Así que farei dúas crónicas. Unha será ata as 8:52 am do domingo 15 de abril (momento da saída), e a segunda comezará nese intre.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1338 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 17 Abr 2018, 18:06
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Crónica da VII Maratón Coruña42 (1ª parte)

Este camiño comezou o luns 8 de xaneiro. Era como a volta ao traballo despois do parón de Nadal. O meu parón foi algo máis longo que só dúas semanas, xa que dende comezos de decembro (Media Maratón de Vigo) non corría por problemas no piramidal. Así que tocaba comezar case de cero. Digo case, porque de setembro a novembro si que adestrara con asiduidade e os resultados ían saíndo (MMP en 10km na Coruña10, 38'12"; e MMP en maratón en Porto, 3h13'02"). Así que algo xa estaba feito. Este camiño tería 14 semanas. 14 semanas e un obxectivo, a miña 7ª maratón, a Coruña42.

A idea era seguir, como boceto, o plan de Gavela sub3h. Sen presións, sen obrigas, pero empregalo como idea xeral. Comezou con calma, 38,4km (1ª semana) e 44km (2ª semana) nas dúas primeiras semanas (incluíndo a Meia Maratona de Viana como tirada máis longa: 1h26'). A partir da terceira xa aumentamos a carga e comezaron as tiradas longas. A miña idea inicial era rondar cada semana os 70-80 km semanales pero comezar rápidos con tiradas de 30km (pode que demasiado). Iso si, a un ritmo cómodo e que o corpo asimilase ben, sen esixirlle moito. Así fixen: 66,6km con tirada de 29,5km (3ª semana); 86,2km con tirada de 29,4km (4ª semana); e 77,2km con tirada de 17,7km (5ª semana). Nas dúas semanas seguintes tocaba reducir volume para atacar os dous primeiros miniobxectivos: a Coruña21 e os 10km de Padrón. Así, na 6ª semana fixen 39,2km e 1h22'27" na Coruña21 (MMP); mentres que na 7ª semana foron 46,1km e 37'58"km en Padró (MMP). A 8ª e a 9ª semana foron as de maior carga con 81,8km e 84,6km respectivamente (con tiradas de 27,2km e 32,9km). Chegaba a 10ª semana, e con ela o terceiro pequeno test: a Interruning. 37'38" e MMP en 10km. Logo 80,3km e tirada de 30km (11ª semana), 75,4km e tirada de 30km a 4'22"/km (12ª semana), e 62,6km incluíndo a VigBay (13ª semana).

Así comezaba a 14ª semana. Descanso e máis descanso era a receta. O traballo estaba feito. Nas seis maratóns anteriores nunca pasara dos 500 km no mellor dos casos nin adestrara en condicións, pero nas tres nas que fixera 3h13' (Coruña2014, Coruña2015 e Porto2017) se algo chegaba era descansado. Así que estaba claro que tiña que facer. Dúas pequenas saídas o martes e o xoves puxeron punto e final a este plan de 14 semanas.

Toda esta última semana a cabeza daba moitas voltas sobre que facer, como encarar a carreira, que estratexia seguir. Non había lebre. Co tempo que fixera na Coruña21, a tirada longa de 30km a 4'22"/km e o test de Gavela 10 días antes, tiña claro que tiña que intentar o sub3h. O que non sabía era o como. Non había lebre, así que sabendo que Maseda ía andar neses tempos, falei con el. Unhas liñas de mensaxes e xa había estratexia: ata o km 10 movernos ao redor do 4'15"/km e a partir de aí manterse constante en 4'12"/km para ter marxe nos últimos quilómetros, logo 30km cada un tería que decidir. Comentoume que un compañeiro seu de equipo e jose.losada tamén se animaban. Así que xa éramos 4. Xa había grupo.

É sábado. Veñen comer meus pais e miña irmá ao meu piso en Compostela, pois meus pais estarán comigo na Coruña e miña irmá tamén vive na capital. Pasta ao ovo e empanada de zamburiñas é o menú. Ese día mandaba eu na cociña. Entre charla por aquí e broma por alá, xa eran as 17h e estábamos de camiño á Coruña. Dirección Marineda a recoller o dorsal.

Alí mesmo cenei a iso das 19h para facer ben a dixestión e ir a cama cedo. Ás 22h xa estaba no hostal, ás 22h30 xa estaba en cama, pero ás 00h15 aínda estaba desperto. Nin ler, nin pechar os ollos durante decenas de minutos seguidos. Nada funcionaba. O despertador estaba para as 5.30. Finalmente durmín, pero me despertei algo antes das 5am. Durmira 4 horas e media máis ou menos. As cartas estaban botadas. Ducha, almorzo dos bos e ás 7h40 saín cara María Pita ao guardarroupa, onde coincidín con varios compañeiros de equipo e fomos xuntos ao obelisco. Carmafoto ás 8.00, ir ao baño, último abrazo a papá e mamá, pasar pola cámara de chamadas e ... e xa son máis das 8.15. Quédome sen fotokedada (aínda que logo me entero de que non houbo).

8:25 e entro no caixón. Xa nos minutos anteriores 4 compañeiros do Carma me din que vai a ir a por un sub3h. Tamén me atopo con iRattle alí e se une. Xa somos 9 e seguro que alguén máis habería. Pinta ben a cousa. O tempo pasa e non dan a saída. Toca esperar, escápome e vou ao baño, que non saímos, vou falar con meus pais e xa avisan de que agora si, de que agora todo está OK.

Son as 8:52, comeza a VII Maratón Coruña42.
karibou

Maratoniano
Maratoniano
3/10/13
1123 Carreiras
276 Mensaxes
Bertamiráns
Respostar citando Envío Xov, 19 Abr 2018, 14:01
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Y qué pasó despuésss.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3268 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 19 Abr 2018, 17:25
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

karibou escribió:
Y qué pasó despuésss.

Este Suso ainda anda en fase de recuperación Sorriso





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos