Foros ›
Autor
Mensaxe
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1336 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Sáb, 21 Abr 2018, 10:41
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Perdoade! Estes días estiven algo ocupado na universidade e non atopei tempo dabondo para rematar de escribila, pois xa a comezara o outro día. Hoxe estará subida Guiño
Grazas por preguntar karibou! Pero a culpa é de Meigalicix, que quere detalles, e claro, iso leva o seu tempo jejeje
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1336 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Sáb, 21 Abr 2018, 14:13
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Crónica da VII Maratón Coruña42 (2ª parte)

A saída foi tranquila. Somos 800 e non hai que saír rápido. Máis ou menos estamos preto todos os que imos a por ese sub3h. Tanto os catro compañeiros do Carma, como Maseda, jose.losada, iRattle,... Metro diante metro atrás, ese primeiro km con calma e sen que haxa problemas. De feito, eu non vou cómodo, pois teño unha especie de minipunto. Durou só 400 metros, pero o suficiente como para que me entrara algo de medo.

Xiro de dereitas en Juana de Vega, Praza de Pontevedra e entramos no paseo. km 1 en 4:25,5. Demasiado lento. Vou ao lado con Maseda e comentamos que non pasa nada porque é o primeiro e non está demais que o corpo colla ritmo pouco a pouco, pero temos que aumentar ritmo. Non hai grupos aínda, pero a carreira xa se estira. Vexo que tres compañeiros do Carma van máis adiantados e non atopo ao cuarto, Lete. O resto de foreiros imos xuntos. Pasamos o km 2 en 4:14,7. Mellor, este é o ritmo. Xiro no acuario e nos diriximos cara Riazor. km 3 en 4:11,6. Pode que algo rápido demais, pero pica para abaixo e apenas hai vento. Hai que manter. No xiro vexo que Lete está uns metros detrás do grupo, xa avisou que depende de como se atopara. Chegamos a Salesianos, km 4 en 4:08,9. Mateo chega para animarnos. Non ten prezo ter unha axuda así. Espectacular. Agora si que está todo estirado e xa se comezan a ver algúns grupos, aínda que con moito corredor polo medio entre cada un. Esencialmente hai 3 grupos. O primeiro é o máis numeroso e terá unhas 30 unidades, no segundo haberá 10 persoas, mentres que nós imos no terceiro e seremos uns 15 aproximadamente.



O km 5 sae en 4:11,6, e o km 6 en 4:14,4 (coa subida a Riazor e o primeiro avituallamento). Este é o ritmo. Dicímonos que con cabeza, pois o grupo de diante quítanos só 5-6 segundos e non hai que acelerar. Imos ao mesmo ritmo, pero na saída quitáronnos eses metros. Sen presa, non podemos sacarnos de punto. Mentres, o primeiro grupo lévanos uns 20 segundos e vai algo máis rápido (chegarán a quitarnos case 1 minuto na metade de carreira).

Saímos do paseo, e en Juana de Vega o km 7 marca 4:07,6. Demasiado rápido, xa que aceleramos ao saír de riazor ao picar para abaixo. Maseda e máis eu estamos a tirar do grupo dende o km 3. Non é mellor opción polo desgaste que ten, pero a verdade é que vou cómodo e síntome con forzas, así que decido seguir tirando). Ambos imos comentando constantemente o ritmo que levamos. Ata o de agora todo foi un sube e baixa, pero agora podemos rodar e ser constantes. Falámolo no grupo xusto ao saír de Juana de Vega, aí comezaba a carreira!


Foto xusto antes de dito xiro.

Os seguintes quilómetros son os mellores en canto ao ritmo que queríamos seguir, entre 4'12"/km e 4'15"/km nos primeiros 10km: km 8 en 4:12,2; km 9 en 4:14,9; km 10 en 4:14,5; km 11 en 4;13,3 e km 12 en 4:14,1. Cando pasamos polo km 10 comentei que imos 8 segundos por debaixo das sub3h, imos moi ben! Xa pasamos o primeiro avituallamento, a idea é beber auga en todos e tomar xeles só no 10, 20 e 30.

No grupo imos falando nalgúns momentos. Hai comentarios e bromas, pero nótase que é unha maratón e que todos queremos gardar todas as forzas posibles. Eu de feito animo nalgúns momentos, pero nesta parte adícome a rodar e ir a gusto co ritmo. Só a un lle botei a bronca por ser o pesimista do grupo jejeje Pero bueno, mentres non nos contaxiase ao resto non había problema xD.

Saímos de Oza e dámonos conta de que estamos collendo a ese segundo grupo que ía uns segundiños por diante, 4:12,2 no km 13. Xusto uns metros antes do xiro de correos, á altura do Obelisco, alcanzamos a dito grupo. A cara de sorpresa deles foi considerable, porque chegamos como un pelotón que os absorbeu. Aí dígolle a Maseda que podemos quedar uns quilómetros tranquilos en grupo, sobre todo na zona de Orzán e Riazor. Era unha forma de obrigarme a gardar e ir protexido na zona do paseo. Pasamos pola liña de saída: km 14 en 4:14,2.

Remata a 1ª volta: 59:15,7. Todos xuntiños en amor e compañía, ten moi boa pinta ese grupo. Imos 15 segundos por debaixo do sub3h. A proxección é para facer 2h59'! Esa é a idea! Paso no posto 116 nese intre.

---------------------

Faláramos de manter o 4'12"/km o máis constante que se puidera a partir do km 10. Ata ese momento o plan estaba cumpríndose. Maseda comentoume que ao mellor na subida ata o acuario podíamos perder uns segundos que logo xa recuperaríamos na baixada. Parecíame ben, había que ter cabeza. Sen embargo, o km 15 sae en 4:19,6. Vexo que Maseda e o seu compañeiro de equipo, vendo que o ritmo está baixando, póñense a tirar para subir o ritmo. O km 16 sae en 4:17,7. Eu decido aguantar no grupo polo menos ata o acuario. Chegando ao xiro do acuario o ritmo segue sen aumentar moito, entón xusto na rotonda póñome diante con Maseda. Pasamos o km 17 en 4:11,6:


Polo aumento de ritmo adiantámonos dous ou tres metros do grupo. Mateo aparece nese momento e dinos que nos estamos adiantando, que hai vento e non nos desgastemos. Maseda dille que había que aumentar o ritmo. El e máis eu falamos e comentamos que hai que manter ese ritmo. Mateo dinos que valentes, que adiante que imos moi ben! Pero a inercia é moita inercia e pasamos o km 18 en 4:07,9 e o km 19 en 4:09,6. Eses poucos metros mantéñense e chegamos a Riazor. A subida, o vento e o avituallamento fan que pasemos o km 20 en 4:20,4. Xusto ao saír de Riazor, volvo a aumentar o ritmo ao ver que o anterior foi moi lento. Inconscientemente, xa nos estamos alonxando do grupo. É o km 20 e hai que tirar. Eu dende os días previos tiña claro que había que chegar aos últimos kms con algo de marxe.


km 34, momento no que volvemos aumentar o ritmo.

Aparece Mateo e dinos que non miremos atrás, que tiremos e que manteñamos, que ese é o ritmo. Anímalle a Pepe a que nos siga, que se una a nós. Na baixada ata a Praza de Pontevedra miro para atrás e o grupo está medio roto. A idea era ir xuntos ata o km 30, pero xa non había volta atrás. Tirando Maseda e máis eu, pero con Pepe e varios compañeiros detrás, pasamos o km 21 en 4:06,0 e a media maratón en 1h29'10". Proxectamos 2h58'20". Imos moi ben! Agora xa non falamos tanto Maseda e máis eu, pero seguimos comentando o ritmo que levamos. No xiro de dereitas ao deixar Juana de Vega hai moitísimo público. Primeira vez que vexo a meus pais, saúdolles cun xesto: todo vai ben!


Baixamos un pelín o ritmo, aparece o vento, aparece Oza. Pero ahí está Mateo de novo. Pepe xa nos alcanzou, e Mateo non para de animarnos e dicirnos que tiremos xuntos os tres. Esa é a idea! Veña que imos moi ben!


Chegamos a Oza, momento de rodar! km 22 en 4:12,3; km 23 en 4:11,4; km 24 en 4:14,2 e km 25 en 4:10,3. Maseda dime que este km saiu rápido demais, é certo e baixamos un pelín. Xusto ao saír de Oza, o km 26 marca 4:12,0. Dígolle a Maseda que clavado, pero el dime que non o ten claro, que prefire baixar uns segundos o ritmo. Pregúntolle se seguro e dubido se quedarme con el. Neses segundos de debate interno sobre se seguir xuntos ou tirar eu, xa lle quitei uns metros. Así que decido seguir. Anímoo e dígolle que me ten aí, que siga que siga! Pepe tamén estaba ao lado, uns metros detrás.

Ese momento foi no que máis voltas lle din á cabeza e repasei un pouco o que tiña pensado, o que fixera ata ese km 26 e o que faltaba. Se apostar ou non. A verdade é que me atopaba moi ben, moi confiado. Nas semanas previas sempre dixen que sabía que o sub3h ía estar aí aí. Que non sabía se o lograría, pero que había que arriscar. Xa pasara o ecuador de carreira, os tempos ían saíndo e sentía que tiña forzas para ir un pelín máis rápido. Así que había que ir a por todas e arriscar. Entre unha cousa e outra, case sen querer, paso o km 27 en 4:09,3. Dende varios kms xa estábamos collendo a bastante xente, pero agora increméntase un pouco máis. Obelisco e moitísimo público. O grupo do cencerro con Xabi, Doctor Slump nunha terraza e Montxo, todo son ánimos! Pasamos por última vez polo arco de saída, o reloxo marca que o km 28 foi en 4:03,1. Demasiado rápido. De feito, soltei un "ostia, menudo quilómetro!" Nese momento éramos tres: un chico do C.A.Outes e outro ao que alcanzamos en Correos e que se descolgou pouco despois.

Remata a 2ª volta en 58:45,5. Foi 30 segundos máis rápida que a primeira. As sensacións moi boas, agora comeza a verdadeira maratón!!! Logo na clasificación comprobo que neste punto xa ía no posto 78, corenta menos que ao rematar a primeira volta.

---------------------

Comeza a verdadeira maratón, última volta. Juana de Vega, Praza de Pontevedra e entramos no paseo.


Ao fondo pode verse a Maseda e Pepe tamén.

Comeza a verdadeira maratón, última volta. Juana de Vega, Praza de Pontevedra e entramos no paseo. Xusto nese momento vexo que o compañeiro do Outes perde metros e ao lonxe veo a un grupiño onde van os tres compañeiros do Carma que inicialmente ían nese primer grupo sub3h. Agora comprobei que no punto de control de Correos no km 28 pasaron 45" diante miña, pero ao entrar no paseo non parecían tan lonxe. Así que me dixen "Suso, as cartas están botadas, agora hai que tirar para adiante". Tiña que ir a ritmo ao ser subida e haber algo de vento xa. Os seguintes tres quilómetros foron 4:13,3 (km 29), 4:12,5 (km 30) e 4:14,6 (km 31). Xiramos no acuario e xa os teño moi cerca (16" según o décimo punto de control). Nese momento chega Mateo e dime que os teño aí, que me acerque e vaia con eles para protexerme do vento. Non sei se a el ou a min mesmo, pero dígolle que cabeza. Pica para abaixo e case sen querer estoume lanzando de novo. Paso o km 32 en 4:03,6. Os teño aí. Chego á súa altura xusto na Praza de Pontevedra. Son 5, entre eles dous dos compañeiros do Carma e a primeira clasificada feminina. Anímolles e dígolles que imos! Pero a verdade é que nese momento estaba demasiado lanzado (dígoo negativamente). Paso o km 33 en 4:03,7. Atópome moi moi forte. Pero vendo como pasei polo seu lado, éntrame o medo por se me estou excedendo. Cómodo non vou, pois xa van máis de trinta quilómetros, pero síntome forte. Aínda así, paréceme unha locura pensar que aguantarei ata o final, así que aproveito a subida de Riazor, o vento que fai e o avituallamento para baixar o ritmo. Miro para atrás e Carioco (compañeiro do Carma) está xusto detrás, anímoo a que se una. Xusto diante tamén están outros compañeiros do equipo, Moussambani e Lybri. Chego ao km 34 en 4:21,9 e paso a Lybri. Anímoo, pois vai tocado do xemelo, case sen poder correr. Esas 2h45' chegarán si ou si Ferre!

Agora lánzome na baixada cara Praza de Pontevedra. Fago o km 35 en 4:04,1. Estou en Juana de Vega e no xiro de dereitas para ir cara Oza hai moitísimas persoas! Animo e levanto os brazos! Vamos!!! Uns metros por diante miña está Moussambani, compañeiro de equipo, e algún corredor máis. Adiántoo e anímoo, km 36 en 4:02,8. Penso que estou sendo un pouco kamikaze, pois quedan 6 quilómetros (incluído Oza e a súa soidade) e levo xa varios kms a 4'/km baixos. Pero as cartas estaban botadas e non había volta atrás, tiña que seguir e mirar só para adiante.

Aí están Litho e Amina, non poden faltar, animando no cruce onde comeza o Porto de Oza! Nese momento tamén aparece Mateo. Dime que vou moi ben, que a cadencia e boa, que teño boa cara, que agora non podo parar! Pregúntame que se vou a 4'10", dígolle que non, que a 4'05"/km e que en menudo fregado me metín eu solito!


Grazas Mateo!

No xiro da Rotonda de Outeiro tómome un pequeno respiro, km 37 en 4:08,3. Apiques antes de entrar en Oza volvo a escoitar os ánimos de Litho e Mateotn.

Este último acompáñame os primeiros metros en Oza. Dime que vou ben, que non pare, que siga. Dígolle que vaia animar a Pepe que tamén vai moi ben por detrás (a Maseda xa non o vía nos xiros). Será a última vez que vexa a Mateo. Poucas son as palabras de agradecemento que poida ter con el. Espectacular como nos animou toda a maratón enriba da bicicleta.

Xa estamos en Oza. Aparece a soidade na ida e o vento na volta, agora parece interminable Oza. Xa non vou tan forte coma antes, pero manteño o ritmo a modo martillo pilón. Chegamos ao km 38, 4:11,4. Alcanzo a un novo corredor e xiro de 180 ao final de Oza. Pasamos xuntos o km 39 en 4:14,6. Avituallamento no que collo auga polo mero feito de pasar uns metros sen pensar. Saímos de Oza os dous xuntos.

Este km estaba sendo o máis duro da carreira, con moito vento, cada metro costaba o seu. Saída de Oza e aí está Litho de novo, dime que moi moi ben! Que o teño aí! Xusto despois paso o km 40 en 4:22,0. O reloxo marca 2h48' e pico, só quedan 2km e a entrada en María Pita. O traballo está feito, non teño nin debo sufrir máis! Disfruta Suso! O chico co que ía e outro que estaba 10 metros por diante alónxase pouco a pouco. Dame igual. Non teño que apretar, non é necesario.

Agora vexo a Galaxian. Anímame e pregúntame se vou en tempo para facer sub3h. Dígolle que si e anímame máis aínda! km 41 en 4:16,7. Miro o reloxo e marca menos de 2h53'! O traballo está feito! Teño marxe para baixar de sub 3h! Toca disfrutar da chegada, da igual o ritmo. Moitos coñecidos do foro Correr en Galicia nesta zona, ademais de todo o público que había dende o Obelisco ata María Pita! Xabi e o seu equipo cos cencerros! Síntome coma un neno, sonrío e disfruto!

Paso correos, último punto de control. Estiro ben a camiseta para que se vexa ben o dorsal e tomen nota do número, non vaia ser! Si si! Conseguírao!!! Sonrío e comezo a aplaudir á xente! Alí está Doctor Slump! Felicítame! Iso é bo, xa non hai ánimos, hai felicitacións! Boa sinal!!!


Paso o km 42 e o reloxo marca 4.22,8. Iso xa da igual, iso non importa. Volvo mirar, e menos de 2h57'! Iso é o que quería ver! Entrada a María Pita tres anos despois. Non era o meu debut coma no 2014, non ía haber chegada con Mateotn coma no 2015, pero estaba disfrutando coma nunca!


Non hai ninguén diante, miro para detrás e é un deserto. Xiro á esquerda aplaudindo e agradecendo os ánimos á xente para entrar en María Pita. Teño tempo, toda María Pita para min, podo saborealo. Perdón, non podo, debo! Busco a meus pais. Xa o pensara hai uns kms atrás, isto non podía disfrutalo só. Véxoos, e alá vou, o merecen! Isto tamén é grazas a eles!


Volvo a correr cara a meta, só uns metros. Miro o reloxo de meta, baixo de 2h58'! Aplaudo, sonrío, levanto os brazos.



2h57'46" oficial
2h57'39" neto


Nada máis chegar espero a que cheguen os compañeiros do Carma e tamén Maseda e jose.losada. Unha pasada Pepe! Que baixou das 3h no seu debut, e unha pena que non o lograra Fran por un minuto. Non foi o día, pero o sub3h o tes si ou si, chegará! Xa fóra da zona de chegadas, saúdos e comentamos como foi a carreira. Chega Doctor, Mateotn e outros foreiros coma iRattle. Isto é coma unha gran familia na que nos coñecemos todos. Vou ao encontro con meus pais, grabo a medalla ducha e a Compostela a comer coa familia.


Sétima maratón e mellor marca persoal con moita diferencia! 2h57'39", baixei máis de 15 minutos a miña anterior marca (3h13' en 3 ocasións: Coruña42 en 2014 e 2015, e Porto en 2017. De menos a máis e con sensacións moi moi boas. Disfrutando e saboreando cada metro da chegada. Cada día isto me gusta máis!!!

Chegaba á carreira confiado, coa sensación de ter os deberes ben feitos e de que por primeira vez podía arriscar. Sabía que o sub3h non era unha locura, pero non contaba con chegar con dous minutos de marxe. Rematei no posto 48 (46 menos ca no paso da media maratón e 75 menos respecto ao km 10), fixen 30 segundos máis rápida a segunda volta, e rodei moitos kms a 4' baixos. A verdade é que aínda non creo que puidese saír tan ben!

Non podo rematar esta crónica sen agradecer a todas as persoas participaron nalgún momento neste camiño que rematou este domingo. Aos compañeiros do Carma, a toda a gran familia de Correr en Galicia, e a todos os que formamos parte do gran espectáculo que se viviu o domingo na Coruña.

Que dure moitos anos, que non deixemos de ter a oportunidade de correr unha maratón na casa, coidemos o que temos!

Vémonos na próxima!

Suso.


DATOS DA CARREIRA

2h57'39" neto
2h57'46" oficial

1ª media: 1h29'03" (posto: 94)
2ª media: 1h28'36" (posto: 48)

Parciais de 10km:
42:22 (1-10)
42:20 (11-20)
41:45 (21-30)
41:47 (31-40)

1ª volta (59:15,7)
4:25,5 - 4:14,7 - 4:11,6 - 4:08,9 - 4:11,6
4:14,4 - 4:07,6 - 4:12,2 - 4:14,9 - 4:14,5
4;13,3 - 4:14,1 - 4:12,2 - 4:14,2
2ª volta (58:45,5)
4:19,6 - 4:17,7 - 4:11,6 - 4:07,9 - 4:09,6
4:20,4 - 4:06,0 - 4:12,3 - 4:11,4 - 4:14,2
4:10,3 - 4:12,0 - 4:09,3 - 4:03,1
3ª volta (58:52,4)
4:13,3 - 4:12,5 - 4:14,6 - 4:03,6 - 4:03,7
4:21,9 - 4:04,1 - 4:02,8 - 4:08,3 - 4:11,4
4:14,6 - 4:22,0 - 4:16,7 - 4.22,8


Última edición por sonsuso o Sáb, 21 Abr 2018, 21:48; editado 2 veces
maseda

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
3/03/11
0 Carreiras
1339 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Sáb, 21 Abr 2018, 16:18
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Gran crónica. La has clavado. Menos mal que en aquel momento te fuiste. Viendo las sensaciones que tenía no te hubiera dejado quedarte. Ya veía que no iba conseguir mantener. Si te quedas no te hubiera salido tan buena carrera. Arriesgaste y conseguiste un tiempazo. Enhorabuena por vigésima vez. Y Pepe igual hizo un carrerón.
Yo tengo una cita después del verano con el maratón otra vez aunque aun no tengo elegido ninguno. A ver si vuelvo a arrastrarme o esta vez va la vencida. Bueno no sé si elegir uno en otoño o volver a C42. Pero bueno a ver.
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 21 Abr 2018, 18:08
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Crónica insuperable!!!
Con fotos y todo,menudo reportaje.enhorabuena
karibou

Maratoniano
Maratoniano
3/10/13
1123 Carreiras
276 Mensaxes
Bertamiráns
Respostar citando Envío Dom, 22 Abr 2018, 15:56
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Gran crónica sonsuso. Carrera perfecta. Te veía sobrado para cumplir el objetivo, tanto por el diario como en carrera.

maseda, si esperas a la C42 2019, aquí tienes un aliado para el sub3.
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
606 Carreiras
4733 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Dom, 22 Abr 2018, 18:19
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Bueno,que decir,gran crónica,y gran carrera,de libro,cuando sea mayor quiero hacer una como tú,jajaja,las gracias por los ánimos no me las des,soy yo el que debe dároslas a vosotros por las emociones que me haceis sentir,cada amigo que pasa sufriendo y dándolo todo,eres un auténtico crack Suso,de verdad y en mayúsculas, ENHORABUENA

" Corre la primera parte con tu cabeza,la segunda con tu personalidad,y la tercera con tu corazon."

Mike fanelli,entrenador
maseda

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
3/03/11
0 Carreiras
1339 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Dom, 22 Abr 2018, 19:12
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

karibou escribió:


maseda, si esperas a la C42 2019, aquí tienes un aliado para el sub3.

Lo más probable es que sea C42 a pesar de que uno quiere resarcise cuanto antes. Si al final es así no dudes que lo intentaremos. Bueno no lo intentaremos, lo conseguiremos, qué narices.Tomo nota del ofrecimiento.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3264 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 22 Abr 2018, 21:22
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Si que eres ben mandado, Suso. Non se pode pedir máis detalle, literario e gráfico, nin máis emoción. Suscribo as palabras de Litio, grazas por facernos vivir dalgún xeito a experiencia.
Pollastre

Foreiro Senior
Foreiro Senior
10/01/14
16 Carreiras
508 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Dom, 22 Abr 2018, 22:09
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Enhorabuena Sonsuso. Menuda maratón. Con esa progresión en 2 años estás con los ecuatorianos Moi feliz
Yo no pude verla ni en pintura, pero me he entretenido por lo menos viendo las fotos y los videos, y ya con esta crónica, como si hubiese estado allí. Impresionante.
El año que viene, si no hay nada que lo impida, prometo ponerme por la zona de Oza con un tambor o un cencerro y darle un poco de ambiente.
Saludos
mateotn

Maratoniano
Maratoniano
27/11/13
0 Carreiras
1524 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Lun, 23 Abr 2018, 19:50
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Enhorabuena Suso! Ha sido un placer poder acompañaros aunque haya sido encima de una bici. Daba envidia ver cómo subías el ritmo esos últimos diez kilómetros, porque si se puede hacer eso en un maratón es porque se está disfrutando y mucho. Al menos nos llevamos otra foto en carrera, claro que no es como la de 2015.
Aún hay mucho más en esas piernas, pero es fantástico ver cómo disfrutas con cada paso. Larga vida atlética para Suso!
tiojuan

Foreiro Senior
Foreiro Senior
3/10/11
0 Carreiras
807 Mensaxes
Cambados
Respostar citando Envío Lun, 23 Abr 2018, 22:22
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Sencillamente, formidable Suso.
Aplauso Aplauso Aplauso
DoctorSlump

Foreiro Gatuno
Foreiro Gatuno
18/04/07
498 Carreiras
5895 Mensaxes
O Xibao, Tomiño
Respostar citando Envío Lun, 23 Abr 2018, 22:47
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Suso:









Como el Ave Fénix resurjo de mis lesiones
artabro81

Montañés
Montañés
31/10/16
58 Carreiras
497 Mensaxes
Sada, Irixoa, Ames
Respostar citando Envío Mar, 24 Abr 2018, 9:56
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Aplauso Aplauso Bravo Suso!!! eres increíble!!!! Felicidades!!!!

Intento Mejorar y Superarme
C.A.R. Marisqueiro
matogrosso

Multimedia
Multimedia
24/07/09
101 Carreiras
1348 Mensaxes
Aquae Urente
Respostar citando Envío Mar, 24 Abr 2018, 9:59
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Enhorabuena por esa extraordinaria maratón Sonsuso.
Se ve que tuviste uno de esos días mágicos de running, de los que enganchan a este maravilloso deporte, y con los que todos, cada uno dentro de nuestras posibilidades, soñamos con tener o volver a revivir.

Leyéndote, uno no puede evitar recuperar la fe en retomar y conseguir sus propios retos. Gracias por la crónica. Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso

Homo homini gallicus canis
Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3050 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Mar, 24 Abr 2018, 10:08
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Speechless....

Enhorabuena Suso, ojalá pudiese ser la mitad de buena que tú (en versión chica claro jeje)

Eres grande, me encantó verte en la carrera. ¿Cómo haces para salir así de bien en todas las fotos, sin cara de sufrir? Razz





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos