Foros ›
Trail Galaica 2018 - Pantón - Cañóns do Río Miño - 15/07
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
josechoster

Novo foreiro
Novo foreiro
17/10/15
0 Carreiras
12 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 18 Mar 2018, 20:21
Asunto: Re: Trail Galaica 2018 - Muros (Monte Louro - 18/03)

Para min a entrega de trofeos foi algo caótica , dito esto noraboa a organización o recorrido especialmente duro no final polo barro pero espectacular. Parabens polo traballo que vos deixaron facer e o resultado do recorrido foi muy bon
As duchas espectaculares e respecto o avituallamiento non ti en ningún problema todo o contrario.
Felicidades
copasdeyate

Foreiro infantil
Foreiro infantil
3/09/09
0 Carreiras
119 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 19 Mar 2018, 10:13
Asunto: Re: Trail Galaica 2018 - Muros (Monte Louro - 18/03)

Carreira fermosa e cunhas vistas de cine, por certo. Zonas moi técnicas en especial na zona da praia e un trail de moitos contrastes, pasas da montaña a nivel do mar, barro, auga ... moi divertido. Respecto o tema da auga estaba alí mesmo cando se esgotou (estiveron algúns corredores lavándose as pernas con ela) en nada trouxeron 2 ou 3 garrafas enormes. Non é que non houbese, foron a collela. Non creo que sexa a morte de ninguén. A ver se cambiamos o chip dunha vez. Trato exquisito e organización de 10. A sinalización de cine, creo que perderse era imposible. Por certo, vexo que inda que poña no reglamento que hai que levar hidratación hai xente que fai caso omiso e sigue saindo ao monte sen ela, sen teléfono móvil, pero claro, despois é culpa da organización non comprobalo nin que cada quen faga o que queira. Despois queixámonos, falta moita conciencia a ese nivel. O que si vexo e o traballo que hai detrás destas probas, facer estes percorridos e a cantidade de zonas desbrozadas e preparadas que había... Felicitar a organización. Penso repetir.
albvarc

Foreiro infantil
Foreiro infantil
31/08/14
5 Carreiras
75 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Lun, 19 Mar 2018, 17:41
Asunto: Re: Trail Galaica 2018 - Muros (Monte Louro - 18/03)

Vistas 10
Marcaxe 10
Duchas 10
Avituallamento, a verdade para min suficiente para as temperaturas desta época.
Recorrido variado

O tema de permisos xa sabemos de que pes coxa.

Se alguén tivera algunha foto antes e/ou despois da subida grande agradeceria moito se a poidera compartir.
iRattle

Maratoniano
Maratoniano
6/06/14
0 Carreiras
94 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 19 Mar 2018, 20:18
Asunto: Re: Trail Galaica 2018 - Muros (Monte Louro - 18/03)

Sendo de Louro, disfrutei moito. Sei que a miña opinión on é parcial, pero vaia percorrido... Plaia, monte, rios, lama, area... sol, choiva. Que máis se pode pedir? Grazas a @trailgalaica por organizar esta fantástica proba.
Que hay detalles a mellorar? Claro, pero quedadevos con todo.
Un saudo.
Troy

Foreiro infantil
Foreiro infantil
22/11/10
0 Carreiras
60 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 20 Mar 2018, 12:55
Asunto: Re: Trail Galaica 2018 - Muros (Monte Louro - 18/03)

copasdeyate escribió:
Carreira fermosa e cunhas vistas de cine, por certo. Zonas moi técnicas en especial na zona da praia e un trail de moitos contrastes, pasas da montaña a nivel do mar, barro, auga ... moi divertido. Respecto o tema da auga estaba alí mesmo cando se esgotou (estiveron algúns corredores lavándose as pernas con ela) en nada trouxeron 2 ou 3 garrafas enormes. Non é que non houbese, foron a collela. Non creo que sexa a morte de ninguén. A ver se cambiamos o chip dunha vez. Trato exquisito e organización de 10. A sinalización de cine, creo que perderse era imposible. Por certo, vexo que inda que poña no reglamento que hai que levar hidratación hai xente que fai caso omiso e sigue saindo ao monte sen ela, sen teléfono móvil, pero claro, despois é culpa da organización non comprobalo nin que cada quen faga o que queira. Despois queixámonos, falta moita conciencia a ese nivel. O que si vexo e o traballo que hai detrás destas probas, facer estes percorridos e a cantidade de zonas desbrozadas e preparadas que había... Felicitar a organización. Penso repetir.
/
Levo anos participando en trails, e sei como son as cousas. Eu levei o meu bidón, pero despois de 24km o mínimo que pido é poder beber ó chegar a meta (esperamos alí + de 15 minutos, e ó final marchei ducharme sen poder beber).
Simplemente creo que eses detalles non deben ocorrer.
Polo resto, un Trail bonito, duro e divertido.
Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
1038 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 20 Mar 2018, 14:07
Asunto: Re: Trail Galaica 2018 - Muros (Monte Louro - 18/03)

Boas, persoalmente a proba gustoume con un trazado variado onde o barro lle deu un plus de dureza nalgunhas zonas. O tempo acompañou e estaba bén sinalizado.
Os voluntarios bén e os avituallamientos completos.
Eu participeí na longa e non atopeí/vín ningún fotógrafo ata o km 14 na praia, quizaís unhas fotos dende o alto do cortalumes houbesen estado bén.
Tamén boteí de menos alguén da organización na zona de pedras na praia.
Fun dos que tampouco atopeu auga ó rematar a proba, e despoís de agardar un pouco decidín irme ata o coche a beber da que tiña alí, e sí, corrín con bidón de hidratación. O que non pode ser e que uns cantos queden sen beber pq outros se laven as pernas....E tanto responsabilidade dos corredores como da organización non deixar que o fagan.
En xeral a proba estivo bén e se podo po ano repetireí.
Un saudo e ata a próxima.
copasdeyate

Foreiro infantil
Foreiro infantil
3/09/09
0 Carreiras
119 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 21 Mar 2018, 9:42
Asunto: Re: Trail Galaica 2018 - Muros (Monte Louro - 18/03)

Troy, debemos ter ti e máis eu unha diferencia cos cronos ... Se queres seguimos discutindo ata o ano que ven ... para ti é un erro grave e para min un detalle sen importancia; preguntei, non hai auga? e me din: forona buscar, ven agora mesmo. Mentres como laranxa, melón, sandwiches, pasas, daste unha masaxe se queres e falas coa xente... Ah, e de alí a un pouco, non sei se 5, 6, 7 ou 8 ou 9 min, chega auga, isotónica e de todo. Cada quen co seu ... Reitero a noraboa a organización. Agora a desfrutar da seguinte, non paga a pena discutir por estes detalles. Saúde e kilómetros de monte.
TrailGalaica

Organización
Organización
23/12/15
2 Carreiras
116 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 21 Mar 2018, 13:07
Asunto: Re: Trail Galaica 2018 - Muros (Monte Louro - 18/03)

Bós días.

Agradecemos a todos/as os vosos comentarios e impresións sobre a proba. A mesma costou moitísimo levala a cabo polas continuas restriccións impostas. Ao final o resultado foi moi satisfactorio segundo os comentarios recibidos, sempre con puntos de mellora que anotamos dos vosos comentarios.

Vindeira cinta Pantón; nos imos o 15 de abril á Ribeira Sacra Lucense, os cañons do Río Miño e a Fervenza da auga caida. Un trail de novo cunhas vistas espectaculares e cunha paisaxe moi diferente á vista en Muros.

Agradecementos especiais a Protección Civil de Muros, Piscina municipal, Concello de Muros, comunidades de montes de Serres e Louro e como non, ao Concello de Muros e todo o persoal voluntario da proba.

E por suposto, grazas a vós os participantes por confiar en Trail Galaica. Toca remangarse de novo e tentar seguir mellorando...

Aquí vós deixo un detalle do que veredes en nada en Pantón ... esta semana apertura de inscricións!:




TrailGalaica

Organización
Organización
23/12/15
2 Carreiras
116 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 26 Mar 2018, 13:03
Asunto: Re: Trail Galaica 2018 - Pantón (Cañóns do Río Miño - 1

Xa podedes inscrivirbos na terceira proba do circuito Trail Galaica.

Ligazón: Inscricións Trail de Pantón 2018 - Cañóns do Río Miño

Un saúdo.
Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3053 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Ven, 06 Abr 2018, 23:50
Asunto: Re: Trail Galaica 2018 - Pantón (Cañóns do Río Miño - 15/04)

Comunicado de la organización en su Facebook:

Estimadas/os amigas/os.

Comunicamos a través desta canle o aprazamento da proba de Pantón prevista para realizarse o vindeiro domingo 15 de abril por diversas razóns; entre elas está a imposibilidade de acceder a diversas zonas do percorrido debido as condicións climatolóxicas sufridas nas derradeiras semanas.
Nunha inspección realizada esta semana atopamos multitude de árbores caídas no percorrido da proba (preto de 20 árbores en 1 km) que inda que se proceda a súa limpeza nos fai ser prudentes e evitar calquera tipo de risco innecesario para os corredores ante a pouca melloría das previsións meteorolóxicas da vindeira semana.

A "fervenza da auga caida", un dos "Buques insignia da proba" e un dos lugares máis entrañables agora mesmo da mesma, resulta prácticamente inaccesible polo volume de agua que imposibilita o seu paso sen poñer en risco a integridades dos corredores. Isto todo nos obrigaría a modificar o percorrido da proba en varios puntos perdendo, non só a esencia da proba, senón facendo un novo percorrido díficil de autorizar e levar a cabo en tampouco espazo de tempo.

Esta decisión, tómase conxuntamente entre o Concello de Pantón e a organización da proba en prol dunha data que nos permita en todos os sentidos, desfrutar da mesma en toda a súa esenza.

Durante a xornada de mañán procederemos a pechar a pasarela de inscrición e remitir a información necesaria vía em@il aos corredores inscritos coas opcións determinadas pola organización de cara ao presente aprazamento.

Cremos que esta decisión tómase co tempo necesario para que os corredores poidan seleccionar outras probas do calendario nesa mesma data e así non perdan outras opcións.

En breve remitiremos a nova data da proba a cal vaise celebrar en próximas datas.

Pregamos desculpen as molestias ocasionadas. Seguimos traballando no circuito . Queda moito inda por descubrir.

Moitas grazas.

TrailGalaica

Organización
Organización
23/12/15
2 Carreiras
116 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 25 Abr 2018, 22:24
Asunto: Re: Trail Galaica 2018 - A Pobra (A Serra do Barbanza)-13/05

Boas noites.
Despois do anunciado pola nosa amiga Amina co aprazamento da proba de Pantón, tivemos que reestructurar todo o calendario do circuito co cal quedaría do seguinte xeito:

* 13 de maio - Trail Galaica A Pobra - Serra do Barbanza
* 10 de xuño - Trail Galaica de Compostela - Monte Pedroso
* 30 de xuño - Trail Galaica Nocturno de Boborás
* 15 de xullo - Trail Galaica Pantón - Cañóns do Río Miño

Está modificación son obrigadas olas circunstancias.

Aproveitamos para anunciar a apertura de inscricións da 3ª proba do circuito: Inscrición Trail Galaica A Pobra

Apertas!!
AJACAST

Montañés
Montañés
19/05/16
0 Carreiras
925 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 26 Abr 2018, 6:22
Asunto: Re: Trail Galaica 2018 - A Pobra (A Serra do Barbanza)-13/05

Desexamos que de aquí ata o final do circuito non haxa mais contratempos e se celebre todo nas datas indicadas. Sorte e vémonos no monte!
TrailGalaica

Organización
Organización
23/12/15
2 Carreiras
116 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 26 Abr 2018, 8:56
Asunto: Re: Trail Galaica 2018 - A Pobra (A Serra do Barbanza)-13/05

AJACAST escribió:
Desexamos que de aquí ata o final do circuito non haxa mais contratempos e se celebre todo nas datas indicadas. Sorte e vémonos no monte!

Grazas AJACAST. Bufff, menudo ano levamos ... xa desexamos só centrarnos no monte e estar tranquilos desfrutando desde deporte. Unha aperta amigo.
derek

Super Veterano
Super Veterano
25/04/06
0 Carreiras
2792 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Lun, 07 Mai 2018, 23:40
Asunto: Re: Trail Galaica 2018 - A Pobra (A Serra do Barbanza)-13/05

Deixan no twitter este video da pasada edición deste trail. Paga a pena velo:



El verdadero significado de las cosas se encuentra al tratar de decir las mismas cosas con otras palabras (Charles Chaplin).
emmme

Novo foreiro
Novo foreiro
21/10/14
10 Carreiras
28 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 08 Mai 2018, 6:38
Asunto: Re: Trail Galaica 2018 - A Pobra (A Serra do Barbanza)-13/05

Ola! Podedes comentr algunha información sobre este trail? Perfil e demais. O vídeo anima a apuntarse pero estaria ben saber a dificultade técnica xa que no anterior de Muros aparecía como "fácil" e pese a haber zonas moi cortibles, tamén dúas de pedras moi complexas (falo dende o punto de vista de novata Chorando ). Graciñas e saúdos!





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos