Mar, 01 Mai 2018, 7:45
Asunto: Re: Trail Series 2018 - ULTRATRAIL DO BARBANZA (Ribeira) 29/4/18
Agradezo o
traballo dos organizadores. Eu paseino ben. Tamén pasei un pouco de miseria por aló arriba
co vento, saraibas e a choiva, pero vaia, creo que bastante máis deberon sufrir as personas que estaban nos avituallamentos. Por favor, dádelle as gracias
Participei no 35k
Eu saltei as marcas de un cruce e quedoume algo máis largo do que debía
Voltando atrás vin que claramente foi
fallo meu. Así con todo, os "despistes" foron recurrentes segundo falamos ao final.
Tendo ido na "metade de atrás" dos participantes non tiven problema cos avituallamentos en cantidade e variedade (o establecido no regulamento), aínda que o do km 24 estaba posto "de aquela maneira"
(esto non é crítica). Digo esto do avituallamento porque hai que dicir que a veces contas co avituallamento nun km e está 5 máis aló ou só teñen auga e ti deveces por unha galleta.
Pero...
así como no inicio e final da proba as cintas estaban máis bastas que os pes de millo, rareaban quizáis en exceso por aló arriba despois do avituallamento do km18. Podíase intuir a ruta e
non tiven problema (porque xa fora o ano pasado) pero indo con algúns compañeiros tiñamos que parar e andar para asegurarnos, en plan "orientación" buscando o testemuño
Tamén debo dicir que falei con compañeiros da ruta de 60km que me dixeron que era deficiente (e abandonaron aburridos de perderse). Esto é a
súa experiencia, e teñen moita, polo que quizáis sexa un punto a valorar para futuras edicións
Digo esto como crítica
constructiva tendo participado en moitas das probas de arousa neo e disfrutado de todas elas.
-- Chámame "ghose"