Dom, 29 Abr 2018, 7:48
Asunto: Re: SANTYAGO 10K 28 abril 2018
Nesta carreira só participara na 1ª edición, na que o seu percorrido non tiña nada que ver con éste.
Unha carreira máis que saio con gañas de disfrutar, sair suaviño e ir aumentado o ritmo, pero é o malo das carreiras multitudinarias, (rematamos 1263), que ainda que perdín caseque 20" na saida, a multitude lévache, sobre todo se ten perfil favorable ao principio.
Despois xa vai alternando con varias costiñas considerables, a de S. Francisco, Subida polo Pombal ata a Alameda e sobre todo dende a Virxen da Cerca ata S. Roque para entrar na zona vella onde teríamos outra máis. Quizás esta zona non me gustou tanto como noutras veces, debeu ser que me deixou fundido esa derradeira subida, pero para min houbo moito callejeo e zigzagueo co único fin de chegar aos mts. necesarios e tal como estaba o empedrado había que ter moito coidado, xa que houbo varias caidas.
Ainda que o derradeiro Km. coma sempre espectacular, coincide co da Pedrestre de Santiago e rematar na Praza do Obradoiro non ten prezo.
Felicitar a organización unha vez máis, xa que poñen todo da sua parte para que todo saia ben, cun gran despliegue de medios e persoal.
Graciñas aos integrantes do Clube Fontes do Sar e esperemos poder correr máis edicións.