Mar, 01 Mai 2018, 19:26
Asunto: Re: Trail Series 2018 - ULTRATRAIL DO BARBANZA (Ribeira) 29/
A verdade e que segundo a nosa valoración (dende o outro lado da carreira), foi a peor edicións a nivel meteorolóxico; nengunha previsión apuntaba a semellante día: e sobre todo o frio, e mais que eso a sensación térmica que era o que levaba a engaños e a tantas hipotérmias como tivemos que evacuar. Benditas mantas térmicas!!!! Sábenno ben os que as tiveron que empregar.
Os voluntari@s, coma sempre: de 11!!! Non se lles pode pedir máis. E ainda sin pedirllo, daban máis de sí, quizais descoidando algo os avituallamentos para ir a retirar a alguén que estaba reclamando axuda. Pero eso sí, a auga a froita e galletas ou outras viandas coido que había en todos (non entendo eso de que faltaba algo no avituallamento 24 km que di XoseM).
O de faltar cintas: certo! Pasounos nalgúns cruces, e incluso en tramos completos de retiralas e atopalas enrolladas todas en un bolo entre os toxos ou no chan. Repuxemos tan rápidamente como pudemos e supemos (algunhas as retiraron entre saida e saida das dúas carreiras -e faltounos uns segundos para pillar ao individuo que o viña facendo, que se nos escurreu entre unhas xestas e logo non o demos atopado-). Eso coido xa ven sendo tónica habitual e teremos que contar a partir de agora, o problema e que unha carreira de 15-20 km. a podes revisar esa mesma mañán; unha de 60 km. é temporalmente imposible facelo (fixémolo o sábado durante o todo o día, pero para o domingo: xa nos joderan). E claro, con tal de que che levanten un cruce: adiós carreira!
Aprendemos de todo isto, e tomamos nota. A nosa intención é seguir mellorando. Gracias polos aportes que sempre son benvidos.