Foros ›
III CROSS POPULAR CABO UDRA (17-06-2018)
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3053 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Mér, 04 Abr 2018, 13:15
Asunto: III CROSS POPULAR CABO UDRA (17-06-2018)

Xa están abertas as inscricións para poder participar no III CROSS POPULAR CABO UDRA, que se celebrará o vindeiro domingo, 17 de xuño.

Aquí vos deixamos estes enlaces onde podedes atopar toda a información referente a proba:

VIDEO PROMOCIONAL: vimeo.com/256915490

FACEBOOK CROSS: www.facebook.com/CrossCaboUdra/

PÁGINA WEB: inscripciones.ranckr.c...-cabo-udra
Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3053 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Sáb, 07 Abr 2018, 7:58
Asunto: Re: III CROSS POPULAR CABO UDRA (17-06-2018)

O nacemento do Cross Popular Cabo Udra está ligado o obxectivo de recuperar o Cross de Beluso, que como poderedes comprobar no link do vídeo ao final desta mensaxe, era todo un referente deportivo a nivel local e provincial. Non obstante, temos moi claro que son dous eventos que presentan claras diferenzas, sobre todo na súa localización e por respeto a súa memoria o Cross actual coñécese con outro nome.

Falar do Cross de Beluso e mergullarse nunha montaña rusa de recordos e imaxes que nos trasladan as décadas dos 80 e 90 onde tivo o seu maior esplendor. O tratarse dunha das escasas probas deportivas que se organizaban pola xeografía comarcal o nivel de participación era altísimo.

Nenos, nenas, nais, pais, ….. incluso avós e avoas marcaban no seu calendario esta data tan importante e que se encadraba dentro dos actos da Semana Cultural de Beluso. E non nos podemos esquecer dos artífices que facían posible esta loucura …. mestres/as, pais/nais, alumnos/as, e como non entidades públicas e privadas que dunha maneira totalmente altruísta aportaron o seu gran de area a esta iniciativa.

Lamentablemente, e por problemas derivados da seguridade vial nas estradas, dende o ano 2003 tivo que renunciarse a súa organización.

https://vimeo.com/169422714

"Para poder escoitar o video con música tendes que entrar no enlace"
Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3053 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Xov, 19 Abr 2018, 11:37
Asunto: Re: III CROSS POPULAR CABO UDRA (17-06-2018)

Nos pasan el link al vídeo promocional actualizado:

vimeo.com/264206823

Para cualquier duda, consulta, etc podéis dejarlo en este hilo del foro o dirigiros directamente a los organizadores en cualquiera de sus métodos de contacto

FACEBOOK CROSS: www.facebook.com/CrossCaboUdra/

PÁGINA WEB: inscripciones.ranckr.c...-cabo-udra
Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3053 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Mér, 25 Abr 2018, 13:48
Asunto: Re: III CROSS POPULAR CABO UDRA (17-06-2018)

Hoxe nos toca falar un pouco do REGULAMENTO

Unha das primeiras obrigas antes de embarcarnos neste proxecto foi reunirnos co Corredoiras Bueu e Concello de Bueu para valorar a VIABILIDADE ORGANIZATIVA da proba e finalmente desenvolver un PROXECTO. O paso seguinte foi crear un REGULAMENTO para as carreiras onde se recollan cousas tan importantes como:

- DATA E LUGAR
- CATEGORÍAS
- HORARIOS E DISTANCIAS
- FORMA DE INSCRIBIRSE
- PLAN DE SEGURIDADE
- ENTREGA DE PREMIOS
- NORMATIVA DO EVENTO
- SERVICIOS
- .........

Toda esta información está a vosa a disposición na páxina web: www.prueba-t.es

Enlace: inscripciones.ranckr.c...--cabo-…

A creación deste documento é unha das fases máis importantes da organización, xa que é a PARTE INFORMATIVA pola cal se van a guiar os participantes, e como tal debe estar clara e perfectamente redactada, para evitar posibles malos entendidos.

Resaltar que queda TOTALMENTE PROHIBIDA a participación de menores de 15 anos nas carreiras POPULAR + ABSOLUTA. Solicitar a vosa colaboración neste apartado xa que pode supor un risco para futuras organizacións así como tamén para o propio neno/a.
Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3053 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Mér, 02 Mai 2018, 12:44
Asunto: Re: III CROSS POPULAR CABO UDRA (17-06-2018)

Hoxe toca presentarvos a primeira das NOVIDADES que imos ter nesta edición ……

Para o día da carreira contaremos coa colaboración de Miguel Barreiro - Miguel Bp (podólogo Policlínica Castro Moaña) coa fin de ofrecerlle @s atletas a posibilidade de facer un ESTUDO DA SÚA PISADA totalmente gratuito e que de seguro lles axudará a evitar posibles lesións nun futuro.

Dende a organización queremos agradecer enormemente esta colaboración xa que nos permite ofrecer un servizo máis de calidade os nosos/as participantes.

Moitas Grazas .....
Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3053 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Mér, 02 Mai 2018, 12:45
Asunto: Re: III CROSS POPULAR CABO UDRA (17-06-2018)

Hoxe necesitamos novamente da vosa axuda para darlle unha maior difusión a nosa carreira a través do VIDEO PROMOCIONAL.
Para elo unicamente vos pedimos que o COMPARTADES nas vosas redes.

Moitas Grazas

P.D.: Para poder visualizo coa música tendes que entrar no enlace ....
vimeo.com/264206823
Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3053 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Sáb, 05 Mai 2018, 13:15
Asunto: Re: III CROSS POPULAR CABO UDRA (17-06-2018)

A seguinte das NOVIDADES que vos queremos presentar de cara a este ano fainos especial ILUSIÓN. Cando falamos dunha proba aberta a todo tipo de persoas creemos que é a nosa obriga facilitar tamén a INCLUSIÓN de colectivos que debido a algún tipo de DISCAPACIDADE se lles reduce notablemente estas posibilidades de facer deporte.

Para esta edición imos contar coa participación da Asociación Juan XXIII que van a estar presentes na CARREIRA POPULAR (4 km) e tamén na zona de actividades dirixidas os XOGOS POPULARES, polo que vos animamos a tod@s a pasar por alí e disfrutar con eles dos xogos de antano.

Moitísimas Grazas a Asociación pola súa predisposición dende o primeiro momento a acompañarnos nesta cita.




Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3053 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Mér, 09 Mai 2018, 11:18
Asunto: Re: III CROSS POPULAR CABO UDRA (17-06-2018)

Outra das NOVIDADES que temos de cara a este ano será a posibilidade de reservar praza para comer no CHIRINGO TAWAI, un sitio ideal situado a escasos 100 m das carreiras e a pe de praia do AREAL DE MOURISCA.

O custe do MENÚ é de 9 € e inclúe as opcións que aquí vos deixamos:

1º PLATO
- Opción 1: EMPANADA
- Opción 2: TORTILLA

2º PLATO
- Opción 1: CHURRASCO
- Opción 2: PAELLA

BEBIDA
POSTRE

A reserva debedes tramitala a través da páxina web do evento, que atoparedes neste enlace que aquí vos deixamos:

inscripciones.ranckr.c...-cabo-udra

Carreira + Comida + Praia, que máis se pode pedir!!!


Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3053 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Dom, 13 Mai 2018, 21:09
Asunto: Re: III CROSS POPULAR CABO UDRA (17-06-2018)

Como ben sabedes, dende a organización non queremos que veñades soamente a correr e marchedes para casa. Queremos que aproveitedes o día e disfrutedes do incrible entorno de Cabo Udra.

Xa vos falamos na publicación anterior da posibilidade de combinar carreira + comida + praia. E a esta proposta queremos sumarlle tamén unha serie de ACTIVIDADES PARALELAS que estarán a vosa disposición ese día:

- TIROLINA: con nada máis e nada menos que 100 m de lonxitude e 6m de altura.
- ROCÓDROMO: contará con 4 paredes e diferentes niveis de dificultade.
- XOGOS POPULARES: a cargo da Asociación Juan XXIII e que nos trasladarán a época de antes onde o inxenio estaba por enriba das tecnoloxías actuais.
- ORIENTACIÓN: faremos una búsqueda do tesouro polo entorno da zona.
- PARQUE INFANTIL: espazo reservado os máis cativos con tobogáns, columpios, ….
- ZUMBA: a cargo de Cardiosport Gimnasio Bueu
- RUTA GUIADA (gratuíta): as 12.05 h faremos unha ruta de senderismo polo entorno de Udra para aqueles que prefiran andar e non ter que correr.

Xa non nos colle nada máis, así que máis posibilidades para quedarse a pasar o día non creo que atopedes.

Moitas grazas


Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3053 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Dom, 20 Mai 2018, 19:01
Asunto: Re: III CROSS POPULAR CABO UDRA (17-06-2018)

Hoxe queremos presentarvos o ENTORNO por onde van discorrer as carreiras, sobre todo a POPULAR e a ABSOLUTA.

E non topamos mellor forma de facelo que a través deste vídeo editado polos nosos compañeiros de AeroMorrazo e que nos presentan a fermosura da paisaxe que nos acompañará neste día.

VÍDEO
Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3053 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Mér, 23 Mai 2018, 13:41
Asunto: Re: III CROSS POPULAR CABO UDRA (17-06-2018)

Xa estamos na costa abaixo previa a organización do cross!! Menos de 30 días para poñer en marcha todo o engrenaxe de cada unha das carreiras e actividades paralelas que temos programadas para esa data.

Pero recordade que nada de isto ten sentido sen a vosa participación, así que nos falta a parte máis importante para que todo isto vaia collendo forma e esa parte depende de todos/as vos.

inscripciones.ranckr.c...-cabo-udra



Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3053 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Sáb, 26 Mai 2018, 10:43
Asunto: Re: III CROSS POPULAR CABO UDRA (17-06-2018)

Hoxe toca falar un pouco do CIRCUITO da carreira ABSOLUTA …. es.wikiloc.com/rutas-...8-22550421

Non vos deixedes intimidar polas curvas, xa que parece a etapa en alto dunha proba ciclista, pero nada máis lonxe da realidade. Tampouco vos relaxedes, porque a pesar de ser unha proba de 10 km ten os seus tramos durillos, así que tirar de cabeza e non esgotedes a gasolina nos primeiros tramos.

Como referencia, inda que o circuíto sufriu algunha modificación, o gañador da edición anterior completou o percorrido cunha media de preto dos 3´40” km. O terreo por onde transcorre o circuíto está composto nun 90% de terra e un 10% de asfalto (datos aproximados).

Dende a organización, establecemos 3 puntos de avituallamento (km 3-7-10) para que vos poidades recuperar canto antes dos esforzos e poder rematar a carreira con todas as garantías.

- Km 0-2 (Volta Udra): tramo ancho e llano en xeral, polo que nos virá de perlas para quentar os motores.

- Km 2-3 (O Balcón): aquí nos topamos de fronte co tramo máis empinado da carreira; non é moi longo (180 m) pero é estreito y un pelín técnico, e quizais o punto máis sensato a hora de aforrar esforzos. Unha vez rematada a subida toparémonos de fronte cunha baixada moi técnica, polo que coidado coa velocidade que nos pode xogar unha mala pasada.

- Km 3-4 (Praia Mourisca): baixada que nos aproxima a praia e paso previo a unha nova subida.

- Km 4-5 (As Tomadas): estamos falando practicamente de un tramo que se fai todo en subida constante polo que toca novamente manexar os esforzos e as sensacións.

- Km 5-6 (Camiño da Lenda): tramo que transcorre por monte, onde estaremos acompañados pola sombra que nos ofrecen os pinos, carballos e eucaliptos da zona.

- Km 6-7 (Volta Lagos): tras abandonar o monte regresamos novamente o punto inicial da carreira e afrontamos os últimos 3 km.

- Km 7-9 (Volta Udra): repetimos o mesmo trazado que o inicio, pero esta vez coas forzas un pelín máis xustas, polo que xa estaremos falando máis ben dun “falso llano”.

- Km 9-10 (Campo Fútbol): este é o tramo novo do cross, xa que en lugar de baixar novamente o Balcón, subiremos o antigo campo de fútbol do Beluso e baixaremos polo monte para afrontar unha última recta duns 300 m para chegar a meta. Este cambio foi consensuado por motivos de seguridade xa que o ano pasado os metros finais eran en baixada e estimamos que bastante perigoso para as condicións do terreo neses últimos metros.

Como xa fixemos o ano pasado buscaremos unha data previa o cross para facer unha QUEDADA e que poidades coñecer antes o circuíto.

Un saudo


Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3053 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Lun, 28 Mai 2018, 22:12
Asunto: Re: III CROSS POPULAR CABO UDRA (17-06-2018)

E como o prometido e débeda, este domingo 3 de xuño imos facer unha “QUEDADA” para que poidades recoñecer insitu o percorrido da CARREIRA ABSOLUTA + POPULAR.

A saída terá lugar ás 10.00 h pero nos estaremos antes na CAFETERÍA O COUTO -BELUSO- como punto de referencia por si queredes repoñer forzas ou ben non sabedes como chegar.

Para máis información: crosscaboudra @ hotmail.com

Para os/as que veñades por VIGO e arredores a nosa recomendación é a seguinte:
CORREDOR DO MORRAZO – DESVÍO POLÍGONO INDUSTRIAL CASTIÑEIRAS – CRUZAR O POLÍGONO E SEGUIR TODO RECTO – BELUSO – DESVÍO CABO UDRA (hai unha sucursal de ABANCA facendo esquina).
www.google.es/…/data...1m1!1s0…

Para os que veñades por PONTEVEDRA e arredores:
ESTRADA NACIONAL (pontevedra-marín-seixo-ardán-cela-bueu) – 2º DESVÍO EN BUEU (polo primeiro semáforo que vos topades o chegar a Bueu) – TODO RECTO – BELUSO - DESVÍO CABO UDRA (hai unha sucursal de ABANCA facendo esquina).
www.google.es/…/data...1m1!1s0…

Esperamos que vos serva de utilidade …..
Un sáudo!!


Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3053 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Ven, 01 Xuñ 2018, 22:56
Asunto: Re: III CROSS POPULAR CABO UDRA (17-06-2018)

Tras uns km de fatiga nas pernas non hai mellor maneira de recuperarse que pasar polas mans dos nosos amig@s de ADYFA Salud Natural. Se o cross leva 3 anos de vida, o mesmo tempo levan eles colaborando connosco, prestando os seus servizos o coidado d@s atletas e dándolle un maior punto de calidade a nosa proba.

ADYFA, xunto co alumnado da Escuela Europea Parasanitaria, xa participa habitualmente en varias probas atléticas organizadas pola provincia, como a recente Volta a Illa de Ons, o Trail de Cela ou o Pedestrismo de Cangas, entre outras moitas.

Dende a organización soamente temos palabras de agradecemento a este grupo de profesionais que nos acompañarán no evento un ano máis e que vos recomendamos a nivel particular o 100% .


Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3053 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Dom, 03 Xuñ 2018, 13:26
Asunto: Re: III CROSS POPULAR CABO UDRA (17-06-2018)

Este pasado venres tocounos presentar oficialmente a nosa proba ante os medios de comunicación, coa fin de resumir todos os aspectos técnicos da mesma.

www.farodevigo.es/…/...03452.html

No acto participaron:
FELIX JUNCAL – Alcalde do Concello de Bueu
MANOLO OTERO – Concelleiro de Deportes de Bueu
MANUELA MILLÁN – Presidenta Anpa Cabo Udra - Montemogos
VANESA CARBALLO – Directora CEIP Montemogos
MARCOS TORRES – Coordinador Cross
RICARDO VERDE – Presidente Club Corredoiras Bueu
TERESA LAGOS - Directora Asociación Juan XXIII (Cangas)
FRAN SOLIÑO - Responsable Taller Ocupacional Asociación Juan XXIII (Cangas)
DANIEL OTERO – Usuario Asociación Juan XXIII (Cangas)

Moitas Grazas a tod@s ……

Vepersa
Insadent Clinica Dental Dr.Castro
Restaurante Loureiro
Vepersa
Deputación Pontevedra
Sera Martinez Acevedo
David Duran Otero
Nodosa Shipyard
Carniceria Enrique
Piratilla Otero
Del Rio, muebles, cocinas, hogar.
Cevyp Computer Store Bueu
CAFETERÍA O COUTO -BELUSO-
POWERADE ESPAÑA
Decathlon Vigo
Correr en Galicia
Prueba-T
ADYFA Salud Natural
Juan Barcia // gráfico & web
Prolight Foto Estudio
Carlos Fernandez Perez
AeroMorrazo
BrunSantervás Fotografía







Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos