Sáb, 26 Mai 2018, 10:43
Asunto: Re: III CROSS POPULAR CABO UDRA (17-06-2018)
Hoxe toca falar un pouco do CIRCUITO da carreira ABSOLUTA ….
es.wikiloc.com/rutas-...8-22550421
Non vos deixedes intimidar polas curvas, xa que parece a etapa en alto dunha proba ciclista, pero nada máis lonxe da realidade. Tampouco vos relaxedes, porque a pesar de ser unha proba de 10 km ten os seus tramos durillos, así que tirar de cabeza e non esgotedes a gasolina nos primeiros tramos.
Como referencia, inda que o circuíto sufriu algunha modificación, o gañador da edición anterior completou o percorrido cunha media de preto dos 3´40” km. O terreo por onde transcorre o circuíto está composto nun 90% de terra e un 10% de asfalto (datos aproximados).
Dende a organización, establecemos 3 puntos de avituallamento (km 3-7-10) para que vos poidades recuperar canto antes dos esforzos e poder rematar a carreira con todas as garantías.
- Km 0-2 (Volta Udra): tramo ancho e llano en xeral, polo que nos virá de perlas para quentar os motores.
- Km 2-3 (O Balcón): aquí nos topamos de fronte co tramo máis empinado da carreira; non é moi longo (180 m) pero é estreito y un pelín técnico, e quizais o punto máis sensato a hora de aforrar esforzos. Unha vez rematada a subida toparémonos de fronte cunha baixada moi técnica, polo que coidado coa velocidade que nos pode xogar unha mala pasada.
- Km 3-4 (Praia Mourisca): baixada que nos aproxima a praia e paso previo a unha nova subida.
- Km 4-5 (As Tomadas): estamos falando practicamente de un tramo que se fai todo en subida constante polo que toca novamente manexar os esforzos e as sensacións.
- Km 5-6 (Camiño da Lenda): tramo que transcorre por monte, onde estaremos acompañados pola sombra que nos ofrecen os pinos, carballos e eucaliptos da zona.
- Km 6-7 (Volta Lagos): tras abandonar o monte regresamos novamente o punto inicial da carreira e afrontamos os últimos 3 km.
- Km 7-9 (Volta Udra): repetimos o mesmo trazado que o inicio, pero esta vez coas forzas un pelín máis xustas, polo que xa estaremos falando máis ben dun “falso llano”.
- Km 9-10 (Campo Fútbol): este é o tramo novo do cross, xa que en lugar de baixar novamente o Balcón, subiremos o antigo campo de fútbol do Beluso e baixaremos polo monte para afrontar unha última recta duns 300 m para chegar a meta. Este cambio foi consensuado por motivos de seguridade xa que o ano pasado os metros finais eran en baixada e estimamos que bastante perigoso para as condicións do terreo neses últimos metros.
Como xa fixemos o ano pasado buscaremos unha data previa o cross para facer unha QUEDADA e que poidades coñecer antes o circuíto.
Un saudo