Mar, 22 Mai 2018, 22:24
Asunto: Re: Medio Maratón Riveira21 - 03/06/2018
Independientemente deso, creo que non é normal como di algún por aquí que haxa tan poucos inscritos; o ano pasado eu fixen esta media maratón, e aparte de ter un entorno espectacular (os primeiros 7 km vas pegado ao mar e son realmente fermosos), creo que ten todos os ingredientes para ser unha proba grande, circuito homologado, organización moi boa, percorrido cunhas vistas especaculares, ata os pobos por onde pasan son de luxo, e non faar do que vimos o pasado ano co servizo de fisioterapia, avituallamento final de primeira, organización moi boa, ... en xeral.
Pero bueno, as veces realmente non alcanzas a comprender o que ocorre, pero algo raro hay. Os atletas federados certo que sumaran uns 100 ou máis, pero non se sabe cantos son. Agardemos que pegue un arreón final, pero pasado mañán cambia o prezo de inscrición así que deberían dar un impulso. O ano pasado foron máis de 400 cos do campeonato. A ver se seanima a cousa xa que sería unha pena perder esta proba.
Saúdos.
El verdadero significado de las cosas se encuentra al tratar de decir las mismas cosas con otras palabras (Charles Chaplin).