Mar, 05 Xuñ 2018, 10:32
Asunto: Re: Trail e Andaina Dubra (3.6.18)
ao final a onde fuches correr?
eu fun a Bembibre (Dubra Trail) e "as vistas" non é que fosen moi boas porque ... vas seguido por debaixo dos carballos
e non ves o ceo
Xa en serio, é unha carreira con un sube baixa contínuo sen grandes desniveis nin cortalumes ou zonas de cabras, pero todo por zona de árbores e
regueiros e só un par de tramos de enlace por pistas "aburridas" (tamén subxetivo).
Perfectamente sinalizado todo o percorrido, o avituallamento no lugares indicados e abondosos, comilona final, xente nos cruces controlando o tráfico, ... Gran traballo de organización.
Como no faceibook non podo, agradézollo aquí.
Non lle quito mérito a Vilatuxe, que tamén coñezo
, pero foi un bo traballo o do Dubra Team organizar dúas distancias e unha andaina simultáneas.
-- Chámame "ghose"