Mar, 05 Xuñ 2018, 10:15
Asunto: Re: Medio Maratón Riveira21 - 03/06/2018
Facía 10 anos, -desde unha lonxana Media de Vilargarcía do ano 2008-, que non me enfrontaba con esta distancia dos 21.097 metros, que para moitos corredores é esa distancia ideal que, sin chegar á mística da maratón, tampouco require un período de adestramento tan longo, nin tan intenso.
En fin, que por unhas ou por outras, alá nos encontramos na saída de Aguiño con varios membros da "vella guardia" de Correrengalicia (Irdam, Moncho, Jotaeme...), o cal é sempre un placer
. Estes reencontros fan que empecen a bulir lembranzas daqueles tempos en CenG era moito máis que unha web de carreiras: era unha web de corredores. Alí vertíanse todo tipo de experiencias, boas e malas, pero o importante era o aspecto humano. Alí atopábamos moitas veces, a motivación para seguir adiante neste mundiño: tanto de xeito xeral, cas opinións de auténticos "influencers", (palabro que daquela non existía
), cuias opinións sempre eran ben ponderadas e respectadas polo resto dos corredores; como tamén de xeito personal, con mensaxes nos que animaban directamente a tal ou cal corredor, que, aínda que, realmente desconocidos, eran "compañeiros de CorrerenGalicia" e eso unía moito!
Dame a impresión de que moito dese espíritu foise perdendo cos anos. Eso non é nin bo, nin malo, nin todo o contrario...pero bótase de menos comentarios máis aló do: organización de 10, todo perfecto, fútbol é fútbol (ai, perdón: esto é do Marca!!)...Un detalle que me sorprendeu: CenG ten máis de 18.000 foreiros rexistrados. De esa importante cantidade, case 10.800 non escribiron NUNCA nin un sólo mensaxe!!!!!!
Destas e doutras minudencias iba pensando mentras corría, e tamén iba analizando a carreira que da sentido a este fío: a Media Maratón de Riveira. Pero dela desbardarei cando teña outro ratiño libre....