Mér, 06 Xuñ 2018, 19:46
Asunto: III Carreira Popular do Apóstolo – A Laracha (21/07/2018)
Hola a todos,
por terceiro ano consecutivo temos o placer de ofrecer para todos vos a III CARREIRA POPULAR DO APÓSTOLO, que se celebrará o sábado 21 de xullo no concello de A Laracha. A saída e meta será no Adro de Vilaño (a 1 Km do centro urbán). Igual que na edición do ano pasado, o evento contará tamén con unha Andaina saudable e solidaria, colaborando con Cáritas de A Laracha.
Toda a información está dispoñible na web da FGA, sitio onde vos podedes ir inscribindo (
carreirasgalegas.com/c...e2fcdb67ba ).
Como poderedes comprobar no Regulamento da proba cargado na web da FGA, o evento vai presentar moi poucas novidades respecto ao ano pasado:
-Celebrarase en horario de tarde.
-Percorrido absoluto: 2 voltas a un ciruito de 10 Km (mesmo circuito)
-Servicios: ofreceremos os mesmos servicios que o ano pasado: gardería con monitores, gardarroupa, fisioterapia, aparcamentos (debidamente sinalizados), avituallamento intermedio líquido e final (líquido e sólido con froita) e pinchos finais.
Resaltar que por segundo ano consecutivo a proba forma parte do VI Circuito de Carreiras Populares da Deputación de A Coruña.
Comentar que levamos traballando moitos meses para que o día do evento non falte ningún detalle, polo que vos podemos asegurar unha carreira de alto nivel que ofrecerá todas as facilidades que están na nosa man aos corredores.
+INFO: Facebook Adro de Vilaño
www.facebook.com/adrodevilano/
¡¡Esperámoste, non nos falles!!