Foros ›
Carreira Diego Salgueiriño. As Agüiñas. O Porriño (24/06/18)
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Club_Atletismo_Porriño

Organización
Organización
16/09/10
0 Carreiras
174 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 08 Xuñ 2018, 23:03
Asunto: Carreira Diego Salgueiriño. As Agüiñas. O Porriño (24/06/18)

Fai dous anos comezamos a dar homenaxe ó noso compañeiro Diego. Decidimos que o seu nome figurase na carreira máis importante que facemos durante o ano. A intención é que o teñamos presente na memoria colectiva deste club.
Un ano máis, convidámosvos a que nos acompañedes e lle rindamos entre todxs unha merecida homenaxe a Diego.
A Carreira Diego Salgueiriño As Agüiñas 2018 será o día 24 de xuño nas Instalacións do Club Atletismo Porriño no Polígono de A Granxa (O Porriño), a carón do EKO AMA e o CTAG. Como ven sendo habitual nesta carreira, primará o carácter estrictamente popular. Non imos realizar unha carreira de moito orzamento, primeiramente porque non podemos, e de segundo, porque non responde á nosa filosofía de club. Estamos na obriga moral de tratar isto como o que é, atletismo popular. Así naceu, e así debemos continuar o proxecto, máis si cabe, tendo a Diego como referente.

A carreira será de balde. Entendemos que non podemos cobrarlle un duro á xente por correr, e polo tanto, botaremos as horas que sexan necesarias enriba disto para que así sexa!. Non vos esperedes unha carreira cronometrada con chip, camiseta na chegada, e todo tipo de detalles. Será unha carreira sobria neste aspecto, o que non quita que sexa unha carreira seria e feita con cariño. Tomaremos nós mesmos os tempos, levaremos a secretaría, e daremos unha botella de auga e si podemos unha peza de froita. Tentaremos coidar todo tipo de detalles, ese é o plan. Sempre o fixemos así, e xs participantes nunca se queixaron, polo tanto, o seguiremos facendo mentras teñamos ganas e forzas.

Ainda que o ano pasado este tema xerou polémica, seguimos pensando que a xente que se anote a esta carreira e non faga acto de presenza, será descalificada para as posteriores edicións, non puidendo participar na proba nunca máis. Isto é moi doado de controlalo, e polo tanto o aplicaremos sen nengún pudor. O motivo é que despois de sopesar moitas opcións que eviten o desplante de última hora moi habitual nas carreiras onde non se cobra, decidimos que cada quen debe ser responsable dos seus actos. Pregámosvos que do mesmo xeito que este grupo fai un tremendo esforzo na organización, fagades o mesmo esforzo en planificar a asistencia á proba. De non ser así, e antes de que remate o prazo de inscrición, avisade á organización da non presenza. Entendemos que deixando as inscricións abertas ata o día 21 de xuño non debería ser problema. En todo caso, si por cuestións de problemas de última hora non podedes asistir, o mínimo que pregamos e que nos enviedes un mail avisando.

Por último, pedimos que comentedes e difundades esta carreira entre xs vosxs amigxs, clubs, anpa, colexios, asociacións, etc, para isto, teremos habilitada unha pestana no menú principal da páxina web.

Animádevos a paticipar e homenaxear a Diego!.




Club_Atletismo_Porriño

Organización
Organización
16/09/10
0 Carreiras
174 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 08 Xuñ 2018, 23:23
Asunto: Re: Carreira Diego Salgueiriño. As Agüiñas. O Porriño (24/06/18)

Sentimos moitísimo o retraso en colgar o link para inscribirse, pero non puidemos facelo antes. Cousas da vida!.
bulebule

Foreiro infantil
Foreiro infantil
18/11/11
298 Carreiras
97 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 12 Xuñ 2018, 7:09
Asunto: Re: Carreira Diego Salgueiriño. As Agüiñas. O Porriño (2

Un ano mais estarei na saida, non se pode faltar a una carreira cómo esta, por todo lo que supon, moi bo rollo, bo circuito e sobre todo de balde.
Club_Atletismo_Porriño

Organización
Organización
16/09/10
0 Carreiras
174 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 14 Xuñ 2018, 22:56
Asunto: Re: Carreira Diego Salgueiriño. As Agüiñas. O Porriño (2

bulebule escribió:
Un ano mais estarei na saida, non se pode faltar a una carreira cómo esta, por todo lo que supon, moi bo rollo, bo circuito e sobre todo de balde.

Graciñas polas túas verbas, bulebule.
Por xente como vós, é polo que seguimos aí.
Club_Atletismo_Porriño

Organización
Organización
16/09/10
0 Carreiras
174 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 20 Xuñ 2018, 7:56
Asunto: Re: Carreira Diego Salgueiriño. As Agüiñas. O Porriño (24/06/18)

Mañá pechamos as inscricións!.
Animádevos a vir.
DoctorSlump

Foreiro Gatuno
Foreiro Gatuno
18/04/07
498 Carreiras
5895 Mensaxes
O Xibao, Tomiño
Respostar citando Envío Mér, 20 Xuñ 2018, 17:13
Asunto: Re: Carreira Diego Salgueiriño. As Agüiñas. O Porriño (2

Por muchos motivos esta carrera está en mi calendario de imprescindibles, pero a día de hoy sigo sin saber si podré correr. Mañana decido y espero no fallar.

Como el Ave Fénix resurjo de mis lesiones
PequeñaCriatura

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/10/12
0 Carreiras
975 Mensaxes
Ferrol
Respostar citando Envío Mér, 20 Xuñ 2018, 19:15
Asunto: Re: Carreira Diego Salgueiriño. As Agüiñas. O Porriño (24/06/18)

Pues tiene muy buena pinta. Me queda un pelín lejos Pensando
Club_Atletismo_Porriño

Organización
Organización
16/09/10
0 Carreiras
174 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 22 Xuñ 2018, 23:40
Asunto: Re: Carreira Diego Salgueiriño. As Agüiñas. O Porriño (24/06/18)

Como houbo bastante xente con dúbidas de última hora e posto que a noite anterior é a noite de San Xoan e cada quen pode liarse máis ou menos do que esperaba, decidimos abrir as inscricións o mesmo día da proba, así que si queredes inscribirvos de última hora, podedes facelo o domingo antes das 11 da mañá en Secretaría.

Club Atletismo Porriño.
Bareixa

Maratoniano
Maratoniano
18/12/06
0 Carreiras
1268 Mensaxes
Beade capital
Respostar citando Envío Lun, 25 Xuñ 2018, 6:55
Asunto: Re: Carreira Diego Salgueiriño. As Agüiñas. O Porriño (2

Bos días:
Estupenda carreira onte, entretida co circuito de subidas, baixadas, herba, asfalto...pese ao calor.
Parabéns a Atletismo Porriño. O único preguntarlles se tedes penduradas as clasificacións nalgún lugar.
Moitas grazas e a seguir así.
DoctorSlump

Foreiro Gatuno
Foreiro Gatuno
18/04/07
498 Carreiras
5895 Mensaxes
O Xibao, Tomiño
Respostar citando Envío Lun, 25 Xuñ 2018, 14:46
Asunto: Re: Carreira Diego Salgueiriño. As Agüiñas. O Porriño (2

La clasificación de adultos ya aparece en Correr en Galicia:
www.correrengalicia.or...18_abs.pdf

Un placer acudir a pasar la mañana en O Porriño. Aunque no todo mi cuerpo esté de acuerdo.

Como el Ave Fénix resurjo de mis lesiones
patacoja

Novo foreiro
Novo foreiro
7/09/15
8 Carreiras
3 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 26 Xuñ 2018, 7:00
Asunto: Re: Carreira Diego Salgueiriño. As Agüiñas. O Porriño (2

Noraboa un ano mais pola organización de esta preciosa carreira.
Para min é unha das imprescindibles e ten todo o que lle pido a unha carreira. Un percorrido moi chulo e variado (me encanta a zona do merendeiro e os piñeiros), unha boa e puntual organización, auga e froita ó final e unhas duchas nas que podes adaptar a temperatura da auga, que é unha cousa cada vez máis difícil de atopar.
Espero poder voltar o ano que ven en mellor forma que este e ser capaz de liar a algúns amigos máis que este ano.
Ata entón.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos