Xa están abertas as inscripcións para o IV Trail Encontro Monte Pindo.
Este ano celebrarase na mañá do domingo 22 de xullo. Mantemos os prezos das inscricións outro ano mais. ¡Non tedes disculpa!.
Ademais poderase realizar unha ruta en barco pola Ría de Cee e Corcubión pola tarde.
AJACAST
Montañés
19/05/16
0 Carreiras
927 Mensaxes
Xov, 07 Xuñ 2018, 14:14 Asunto: Re: IV TRAIL ENCONTRO MONTE PINDO (O PINDO - CARNOTA) 22/07/2018
Boas! Estamos moi interesados en participar este ano pero temos un par de dúbidas:
A primeira é sobre a carreira por parellas. Vemos que é solo para o curto. Entendemos que as parellas corren de xeito simultáneo entón¿? Porque se fora por relevos tería máis sentido facela no longo. Perdoade se non o interpretamos ben...
A segunda é con respecto á ruta en barco pola tarde. Poderiades ampliar información?
Mil gracias e moita sorte!!
acdrpedramar
Organización
30/10/14
0 Carreiras
175 Mensaxes
O Pindo (Carnota)
Xov, 07 Xuñ 2018, 17:50 Asunto: Re: IV TRAIL ENCONTRO MONTE PINDO (O PINDO - CARNOTA) 22/07/
Boas tardes ajacast:
Resposto as túas preguntas:
Tema parellas: Ti mesmo te respostaches. A modalidade parellas e para facer a proba xuntos sendo obligatorio pasar o mesmo tempo polos puntos de control e abastecementos.
Foi pensada para aquelas persoas que non son quen de animarse a correr polo monte sóas e precisan da compañía de algún compañeiro/a para facer a proba mais animada. Foi concebida así dende a segunda edición e ano a ano vai crecendo pouco a pouco a participación nesta categoría.
Tema barco domingo a tarde: Sairía do Porto do Sinal (O Pindo) e daría unha volta circular admirando os Carrumeiros, as Illas Lobeiras, a ría de Cee e Corcubión (admirando os Castelos do Cardeal e do Príncipe), coñecendo a derradeira industria baleeira de España (Caneliñas) e admirando a desembocadura do Xallas e o Monte Pindo dende o mar. Todo elo aderezado con viño, refrescos e empanada. O paseo en condicións meteorolóxicas normais dura 1:30 horas mais ou menos. O barco no que se fai ten visión submarina e permite ver a diversidade de fauna que habita. E toda unha lección de medio ambiente e a natureza que recomendamos facer a lo menos unha vez na vida.
O mellor e ver estas duas imaxes para facerse unha pequena idea:
As organizacións cada ano se nos requiren maiores coidados do medio ambiente e pensamos que esta actividade pode servir para inculcar valores que corrixan algún comportamento que está a acontecer nas probas deportivas e que entre todos debemos erradicar (lixo, emprego excesivo de plásticos, ...).
Espero que as respostas sexan do teu agrado e se tes algunha cuestión mais non dubides en achegala que a respostaremos gustósamente.
Moitísimas grazas polo interese mostrado e esperamos saudarte o 22 de xullo.
acdrpedramar
Organización
30/10/14
0 Carreiras
175 Mensaxes
O Pindo (Carnota)
Mar, 12 Xuñ 2018, 20:15 Asunto: Re: IV TRAIL ENCONTRO MONTE PINDO (O PINDO - CARNOTA) 22/07/2018
acdrpedramar
Organización
30/10/14
0 Carreiras
175 Mensaxes
O Pindo (Carnota)
Xov, 14 Xuñ 2018, 1:50 Asunto: Re: IV TRAIL ENCONTRO MONTE PINDO (O PINDO - CARNOTA) 22/07/2018
O noso veciño carnotán, de Caldebarcos, Martín Lestón voltará a voar polo seu Pedreghal.
Unha verdadeira honra contar con un dos mellores corredores de trail de Galicia dos derradeiros tempos.
Ainda estades a tempo de inscribirvos para poder acompañalo. ¡Contamos con tod@s vos!. ¡Pasamos lista!.
xiana
Novo foreiro
18/05/16
0 Carreiras
12 Mensaxes
Xov, 14 Xuñ 2018, 7:38 Asunto: Re: IV TRAIL ENCONTRO MONTE PINDO (O PINDO - CARNOTA) 22/07/2018
Buenos días, podríais poner los desniveles de cada carrera??? No veo esa información en ningún sitio. Muchas gracias.
acdrpedramar
Organización
30/10/14
0 Carreiras
175 Mensaxes
O Pindo (Carnota)
Xov, 14 Xuñ 2018, 10:51 Asunto: Re: IV TRAIL ENCONTRO MONTE PINDO (O PINDO - CARNOTA) 22/07/2018
Buenos días Xiana, está previsto mostrarlos en unos días. Vamos a intentar agilizar los tiempos.
Gracias por tu interés.
acdrpedramar
Organización
30/10/14
0 Carreiras
175 Mensaxes
O Pindo (Carnota)
Dom, 17 Xuñ 2018, 17:27 Asunto: Re: IV TRAIL ENCONTRO MONTE PINDO (O PINDO - CARNOTA) 22/07/2018
Outra forma de facer o Trail Encontro Monte Pindo é en parexa.
Se non vos atrevedes a conquistalo Olimpo en solitario sempre poderedes compartilo esforzo entre amig@s, parellas, coñecidos ou descoñecidos.
Os Primos van compartir esforzos e aventuras nos 14 qms do Trail Curto.
¡Animádevos!
acdrpedramar
Organización
30/10/14
0 Carreiras
175 Mensaxes
O Pindo (Carnota)
Ven, 22 Xuñ 2018, 20:22 Asunto: Re: IV TRAIL ENCONTRO MONTE PINDO (O PINDO - CARNOTA) 22/07/2018
Existen pensamentos de outros tempos que dín que o deporte é cousa de homes.
No mundo do correr polo monte pouco a pouco vanse sumando mais mulleres e quitando a razón a esas verbas.
A día de hoxe o dato é moi esperanzador. ¡Que siga medrando!
AJACAST
Montañés
19/05/16
0 Carreiras
927 Mensaxes
Sáb, 23 Xuñ 2018, 14:11 Asunto: Re: IV TRAIL ENCONTRO MONTE PINDO (O PINDO - CARNOTA) 22/07/2018
No soy de esos que anda con la palabra "paridad" en la boca todo el día pero sí que es una enorme alegría ver cómo carrera tras carrera, año tras año, son más las mujeres que se animan a participar en todo tipo de eventos sean cross, asfalto, trail... Ojalá se apunten muchas más a este en particular porque tod@s lo disfrutamos igual, al máximo!!
XoseM
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2219 Mensaxes
Galiza
Dom, 24 Xuñ 2018, 7:12 Asunto: Re: IV TRAIL ENCONTRO MONTE PINDO (O PINDO - CARNOTA) 22/07/
si señor -- Chámame "ghose"
acdrpedramar
Organización
30/10/14
0 Carreiras
175 Mensaxes
O Pindo (Carnota)
Mar, 26 Xuñ 2018, 20:46 Asunto: Re: IV TRAIL ENCONTRO MONTE PINDO (O PINDO - CARNOTA) 22/07/2018
ACLARACIÓN
Antes as dúbidas xurdidas en canto a modalidade PARELLAS debemos indicar:
- A parella estará composta por dous membros: muller-muller, home-muller, home-home.
- Os dous compoñentes percorrerán os 14 qms do TRAIL CURTO a vez, tendo que pasar os avastecementos e os puntos de control a vez.
- Non existe a opción de facer a proba por RELEVOS. Exemplo: un membro corre 7 qms e o outro membro corre os 7 qms restantes.
Esperamos que con estas notas quede un pouco mais claro o concepto da modalidade PARELLAS.
Podes publicar novos temas Non podes responder a temas Non podes editar as túas mensaxes Non podes borrar as túas mensaxes Non podes votar nas enquisas Non podes adxuntar arquivos Podes descargar arquivos