Mér, 30 Mai 2018, 10:44
Asunto: Re: II TRAIL DO BRANCO LEXÍTIMO - PADERNE 10-6-2018
Este ano cambiamos de ubicación. O noso trail está enmarcado na Mostra do Branco Lexítimo que todos os anos organiza o Concello de Paderne e este ano a Mostra pasa a ser na aldea de Esperela. Isto nos abre as portas a un cambio radical de recorrido e así poder dar a coñecer outro precioso val deste concello. O lema turístico de Paderne é "Paraíso entre ríos", pois se o ano pasado tocaba o val do Río Lambre, este ano toca trailear polo val do Río Mandeo.
Os trazados este ano apenas contan con asfalto, usaremos na maior parte do percorrido a rede de camiños do proxecto "sendeiros do Mandeo" que inclúen tanto pistas coma camiños e sendas, sempre achegándonos a regatos e recunchos fermosos illados no medio da natureza.
Igual que o ano pasado, teremos avituallamentos completos, e en meta... Lacón asado!!!
Quedan 9 días de inscrición e o domingo é o último día de prezo reducido, ANIMÁDEVOS!!
enlace directo a inscricións:
www.avaibooksports.com...hp?id=6873