Foros ›
X ENCONTRO MONTE PINDO: ANDAINAS DE 14 E 30 QMS (14/07/18)
Foros de debate / Andainas
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
acdrpedramar

Organización
Organización
30/10/14
0 Carreiras
175 Mensaxes
O Pindo (Carnota)
Respostar citando Envío Lun, 25 Xuñ 2018, 5:11
Asunto: X ENCONTRO MONTE PINDO: ANDAINAS DE 14 E 30 QMS (14/07/18)

Dende a Asociación Pedramar de O Pindo informamos que os vindeiros 14 e 15 de xullo celebramos o X Encontro Monte Pindo e este ano queremos facer duas rutas de senderismo diferente as que se viñan facendo anualmente.

Para este ano faranse duas rutas (14 qms e 30 qms) tendo o Monte Pindo como epicentro das mesmas.

Mentras que a ruta de 14 qms non ascenderá ata o cumio da Moa pero sí transcorre por zonas espectaculares de Caldebarcos a de 30 qms discorre o redor do Monte Pindo adentrándose no mesmo e ascendendo A Moa.

As rutas estarán balizadas e haberá dous avituallamentos importantes o longo da mesma con comida e bebida.

Para anotarse debedes de cubrir un formulario existente na web de Pedramar e envialo o enderezo que indica no mesmo.

En resumo, as actividades previstas para toda a fin de semana son:

SABADO 14 DE XULLO

9:30 H. RUTAS POLO MONTE PINDO: Haberá dúas opcións e os percorridos estarán balizados para que os participantes poidan desfrutar da liberdade de ir mais lento ou mais rápido. Disporase de avituallamentos o longo dos percorridos.

14 qms: Sairá da Praza da Solaina, Os Mouchos, Praia de San Pedro, Camiño Sacramental, Chan das Lamas, Caldebarcos, Chan das Lamas, Camiño Sacramental, Praza da Solaina.
30 qms: Sairá da Praza da Solaina, Os Mouchos, Praia de San Pedro, Camiño Sacramental, Chan das Lamas, Caldebarcos, Chan das Lamas, Muiños de Vadebois, San Cibrán, Cornido, O Fieiro, A Moa, O Pedrullo, Camiño Sacramental, Praza da Solaina.

22:30 H. DEGUSTACIÓN DE RODABALLO E VERBENA POPULAR.


DOMINGO 15 DE XULLO

10:30 E 12:00 H. SAÍDAS DAS RUTAS EN CATAMARÁN POLA RIA DE CEE E ILLAS LOBEIRAS DENDE O PORTO DO SINAL, GUIADAS E DOCUMENTADAS POR TITO CONCHEIRO.

14:30 H. COMIDA DE CONFRATERNIDADE NO LOCAL DO PORTO DO SINAL.

16:30 H. CLAUSURA DO X ENCONTRO MONTE PINDO.

Esperamos que sexa do voso interese e poidamos disfrutar da vosa compaña. ¡Moitas grazas!
acdrpedramar

Organización
Organización
30/10/14
0 Carreiras
175 Mensaxes
O Pindo (Carnota)
Respostar citando Envío Mér, 27 Xuñ 2018, 19:31
Asunto: Re: X ENCONTRO MONTE PINDO: ANDAINAS DE 14 E 30 QMS (14/07/18)

PERCORRIDOS E PERFÍS DA ANDAINA CURTA E ANDAINA LONGA

Deixamos imaxe dos percorridos e perfís das dúas andainas a celebrar o 14 de xullo en O Pindo, dentro dos actos do X Encontro Monte Pindo.










acdrpedramar

Organización
Organización
30/10/14
0 Carreiras
175 Mensaxes
O Pindo (Carnota)
Respostar citando Envío Xov, 28 Xuñ 2018, 7:35
Asunto: Re: X ENCONTRO MONTE PINDO: ANDAINAS DE 14 E 30 QMS (14/07/18)

Bos días:

Si estades consultando o fío dende un ordenador podedes xogar co zoom pulsando á vez as tecras Ctrl e +. Así podedes ir aumentando o tamaño.

Para volver á situación normal tendes que pulsar as tecras Ctrl e -.

O ser a nova web de Correr en Galicia responsive fai que as imaxes se axusten automáticamente o tamaño do contedor, impedindo que saian as imaxenes o tamaño original.

Nembargantes os datos dos desniveis e pendentes son:

TRAIL CURTO

Desnivel +: 620 mts.
Desnivel -: 620 mts.

Pendente máxima +: 29,9 %
Pendente máxima -: 29,8 %

Pendente media +: 8,4 %
Pendente media -: 7,8 %


TRAIL LONGO

Desnivel +: 1.516 mts.
Desnivel -: 1.514 mts.

Pendente máxima +: 31,0 %
Pendente máxima -: 38,4 %

Pendente media +: 8,9 %
Pendente media -: 9,9 %

Esperamos que esta información séxavos de axuda.






Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos