Lun, 25 Xuñ 2018, 5:11
Asunto: X ENCONTRO MONTE PINDO: ANDAINAS DE 14 E 30 QMS (14/07/18)
Dende a Asociación Pedramar de O Pindo informamos que os vindeiros 14 e 15 de xullo celebramos o X Encontro Monte Pindo e este ano queremos facer duas rutas de senderismo diferente as que se viñan facendo anualmente.
Para este ano faranse duas rutas (14 qms e 30 qms) tendo o Monte Pindo como epicentro das mesmas.
Mentras que a ruta de 14 qms non ascenderá ata o cumio da Moa pero sí transcorre por zonas espectaculares de Caldebarcos a de 30 qms discorre o redor do Monte Pindo adentrándose no mesmo e ascendendo A Moa.
As rutas estarán balizadas e haberá dous avituallamentos importantes o longo da mesma con comida e bebida.
Para anotarse debedes de cubrir un
formulario existente na
web de Pedramar e envialo o enderezo que indica no mesmo.
En resumo, as actividades previstas para toda a fin de semana son:
SABADO 14 DE XULLO
9:30 H. RUTAS POLO MONTE PINDO: Haberá dúas opcións e os percorridos estarán balizados para que os participantes poidan desfrutar da liberdade de ir mais lento ou mais rápido. Disporase de avituallamentos o longo dos percorridos.
14 qms: Sairá da Praza da Solaina, Os Mouchos, Praia de San Pedro, Camiño Sacramental, Chan das Lamas, Caldebarcos, Chan das Lamas, Camiño Sacramental, Praza da Solaina.
30 qms: Sairá da Praza da Solaina, Os Mouchos, Praia de San Pedro, Camiño Sacramental, Chan das Lamas, Caldebarcos, Chan das Lamas, Muiños de Vadebois, San Cibrán, Cornido, O Fieiro, A Moa, O Pedrullo, Camiño Sacramental, Praza da Solaina.
22:30 H. DEGUSTACIÓN DE RODABALLO E VERBENA POPULAR.
DOMINGO 15 DE XULLO
10:30 E 12:00 H. SAÍDAS DAS RUTAS EN CATAMARÁN POLA RIA DE CEE E ILLAS LOBEIRAS DENDE O PORTO DO SINAL, GUIADAS E DOCUMENTADAS POR TITO CONCHEIRO.
14:30 H. COMIDA DE CONFRATERNIDADE NO LOCAL DO PORTO DO SINAL.
16:30 H. CLAUSURA DO X ENCONTRO MONTE PINDO.
Esperamos que sexa do voso interese e poidamos disfrutar da vosa compaña. ¡Moitas grazas!