Lun, 16 Xul 2018, 7:34
Asunto: Re: CARREIRA 30 ANIVERSARIO CONDES DE ALBAREI–PAZO BAIÓN 15-7-18
Outro que fixo a carreira e que quedou encantado.
Gustaríame moito que esta carreira se afianzase no calendario, pois se trata dunha distancia distinta ao habitual por un recorrido distinto (mezcla de terra e asfalto, a carón do Umia) e nun final precioso, entrando pola porta do pazo entre os tilos, tendo a fachada diante nosa.
Moi coidados os detalles, como os cortes de estradas e as sinalizacións nos cruces. Eu, como suxerencia para vindeiras edicións (que espero que as haia), intentaría que a espera en Castrelo non fose tan larga nin aburrida, porque estivemos na bodega de Condes alí esperando 40 minutos "mirando para o aire".
Ogallá se repita!