Dom, 24 Xuñ 2018, 9:10
Asunto: Re: LESION EN RODILLA
Pois finalmente operado da rotura de menisco, despois de estar perdendo o tempo e cartos na clínica Arriaza con tratamentos de ácido hialurónico, factores de crecemento e unhas novas plantillas (tiña falta delas), non houbo máis remedio que operar, eu estaba mentalizado para facelo canto antes.
Como dicía, despois de ver como non funionaban estes tratamentos en Arriaza, decidimos operar e deronme vez para mes e medio despois da consulta, caía a finais de Maio a operación, polo que me adiquei a ir a todas as carreiras que puiden para matar o gusaniño xa que correndo só un día por semana e outro de ximnasio non tiña dor ningún.
Pero vai ti a saber que 2 días antes da operación , xurdiume un problema médico que me impediu operar, poñendome a nova data para mediados de Xullo, polo que xa me plantexaba se operarme ou deixalo para despois do verán, xa que eu facía vida normal.
Entre medías pedira cita (11 de Xuño) para o Dr. Abilleira do equipo do Dr. Miragaya, en Santiago ao cal lle fun cas cousas claras de que me quería operar canto antes, que xa tiña resonancia feita e tamén o preoperatorio (analíticas e electrocardiograma).
Tiñan a 1ª cita para operar o 2 de Xullo, dixénlle que si, pero por sorte e un coñecido que teño no centro hospitalario, chamáronme este luns decindo que lles quedara un oco para o venres se me interesaba, así que mercores consulta, xoves preoperatorio e o venres operoume o Dr. Miragaya. Saiu todo perfecto non tiven ningún dolor dende o venres e, xa ando doblando a rodilla bastante hacia atrás. Mañán teñenme que quitar a venda e facer as curas.
O informe médico postoperatorio e o seguinte: Se identifica condropatía leve (grado I-II) en platillos tibiales, leve desflecamiento del borde libre del cuerpo del menisco externo y rotura en libro en la unión del tercio medio y tercio posterior del menisco interno, cuyo labio inferior se abre radialmente asociando inestabilidad de fragmentos.
Se realiza meniscectomia parcial artroscópica en menisco interno (dixome que enre un 20/25%) y regularización del borde libre en menisco externo.
Así que esperemos que siga todo ben e podamos facer as cousas non prazos debidos Teño cita a mediados de Xullo e xa me dirán, eu en principio moi animado.
Vaia parrafada que botei