Dom, 24 Xuñ 2018, 21:40
Asunto: Re: CORRESAN 2018?
Boas noites!.
Estanse a manter as primeiras reunións para definir o CorreSan 2018. Así que en setembro agardemos ... comenzará a edición 2018, a volta de vacacións.
A miña opinión, e que a nocturna debería quizais ser en xullo, pero por outra banda setembro é mellor porque nos colle a todos de volta de vacacións e solemos comenzar con probas máis curtas, así que comenzar en setembro e seguir o calendario do pasado ano non me parece para nada descabellado, tendo en conta o sobresaturado que está actualmente o calendario nos meses de mayo, xuño e incluso xullo. E engado, que non me parecería mala idea incluso facelo en outubro-novembro e xaneiro-febreiro, pero eso é máis complicado administrativamente xa que colle 2018 e 2019.
Sexa o que sexa en breve entendo que haberá novas. A ver se se corresponde este ímpetu coa participación, que como dixen varias veces ... deixa moito que desexar entre os "santiagueses" que deberiamos ser os primeiros en dar exemplo e participar en todo o que se impulsa na cidade.
Saúdos.
El verdadero significado de las cosas se encuentra al tratar de decir las mismas cosas con otras palabras (Charles Chaplin).