Mar, 19 Xuñ 2018, 14:12
Asunto: Re: Precio de las carreras
Levaba este tema bastante parado, o que semella é unha boa sinal, pero eu teño que poñer de manifesto a miña disconformidade co prezo da edición da histórica e veterana Carreira de San Xoán de Vigo.
Eu sempre defendín que organizar unha Carreira leva moito traballo detrás, coordinación de moitas persoas implicadas e que axudan de xeito altruista, e que moitas veces incluso o prezo da carreira non da nin para cubrir gastos. É mais, son partidario de cobrar en todalas ainda que sexan 2€, porque se a pós gratis vaiche faltar moita xente . Pero cobrar un prezo coherente e acorde coa distancia da Carreira e co que ofrece ao corredor.
No caso do que falo, ahí algúns años esta Carreira era gratuita, non tiña plataforma cronometradora, etc...hoxe en día penso este aspecto do tempo con chip e quizáis o gardarropa son as diferenzas máis notables entre a San Xoan de fai 15 anos respecto as edicións de hoxe en día. Pero pasamos de non cobrar, a cobrar 3€, 5€, este año 8€...suprimir as sardiñas (aínda que esto a min dame igual, pero era unha tradición da carreira), suprimir premios en metálico (se hai premios en metálico ahí vanse entre homes e mulleres preto de 1000-1200 €) e non dar camiseta ou recordo da proba. Quero que quede claro que non estou esixindo nin premios monetarios, nin camiseta (teño ducias que regalo a ONG’s como facemos moitos de nós) nin ningunha barra libre de empanada, tarta ou Powerade. Pero chámame a atención que por unha Carreira de 7,7 kms se pidan 8€, cando por exemplo Eurocidade custa a metade (tamén por Championchip) ou mesmo os 10K de Samil custan 5,5€ cunha organización impecable e un trato ao corredor excelente, ou outras Carreiras que cobran unha cuota similar pero son de carácter BENÉFICO.Porque San Xoan...esa carreira que racanean ata o auga, corres entre coches, etc...non se caracteriza precisamente por ser unha das referencias no trato ó corredor, e se salva a ilusión e bo facer dos rapaces e rapazas do AVA.
Que conste que vou correla porque é unha das fixas do meu calendario e corro en casa e ten sempre un bo ambiente, pero a dirección da carreira debería replantearse se esta escalada de prezo da inscripción dos últimos anos ten xustificación porque me consta que somos varios os que estamos en desacordo con este tema.
Respecto a cal sería para min un prezo axeitado, con 5€ para esta carreira creo que sería suficiente.
Saúdos
"Non te mates traballando pra levar cartos ao banco" (Xil Ríos dixit)