Lun, 27 Ago 2018, 13:21
Asunto: Re: V Edición Carrera "24 Horas de Vigo" (25-26/8/2018)
Boas tardes a todos os equipos. Necesito facer unha reflexión personal do acontecido nas 24H.
Participei dentro do equipo mixto do Clube de Atletismo Cambados A, e quedamos en 3º posto. Estamos moi content@s do posto, que xa conseguimos na edición 2016.
Non hai moito que dicir nen analizar, fomos os que máis voltas corremos, 368 reais e 377 na clasificación aplicando a compensación, e iso relevounos á 3ª posición. Nunca imos cuestionar esta norma do regulamento porque estamos de acordo con ela. Debe aplicarse esta compensación, é xusta e necesaria.
En canto ás características do noso equipo mixto: está composto por 3 mulleres e 9 homes, é dicir, que o 25% do equipo é feminino. Fixemos 26km cada unha, sumando un total de 78, equivalendo ao 22% total das voltas do equipo. Que significa este dato? Pois que somos EQUIPO, que contribuimos, que aparecemos, que somos protagonistas do esforzo, que somos visibles. Estes datos non foron froito dunha xornada de 24 horas correndo, senón dunha estratexia moi pensada, que nos iguala desde o momento no que decidimos tod@s paraticipar.
Nesta edición, había rumores de que en algúns equipos mixtos, as mulleres non estaban facendo voltas, ou a penas. Empezamos a escoitar ese rumor sobre as 18:00, a partir de aí, tamén escoitamos protestas entre participantes e incluso á organización. Por suposto, nós comezamos a fixarnos, para confirmar esas noticias que nos chegaban. E, personalmente, tiñan razón. Os equipos que ían nas primeiras posicións, non daban conta das súas compañeiras. Que quere dicir? Pois que non eran un EQUIPO real, que as mulleres non contribuiron, que non foron protagonistas do esforzo, que non foron visibles. Bueno, no pódium sí, como sempre, dándolle o papel de adorno aos homes (alguén protestará, pero é unha apreciación personal).
A organización non pode controlalo todo e o regulamento da para facer miles de trampas. Da situación da que eu falo, non é incumprir o regulamento pero tamén está apelando á resposabilidade e á deportividade dos equipos.
As 24 Horas de Vigo, identifícoa coa festa das corredoras e corredores populares, donde a competición é intrínseca, pero tamén a deportividade.
Non pido solucións á organización, non pido cambios no regulamento, pido visibilidade para ás mulleres nos equipos mixtos, porque como demostramos algúns equipos, somos importantes.
Para rematar, quero agradecer os agarimos que levamos recibindo desde fai cinco anos desde a organización das 24 Horas de Vigo. E aos equipos mixtos nos que as mulleres correron aportando e sumando voltas, pero sobre todo aos tres equipos femininos: Runguerreras, 3 Luces e Bikila Woman; sabendo o que custa formalo, xa que nós intentámolo en algunha ocasión e non puidemos por falta de compoñentes.
NURIA SANTIAGO RODRÍGUEZ