Xov, 30 Ago 2018, 15:27
Asunto: Re: ENTRENAR CUESTAS
Eu cando afronto unha costa na carreira, unha costa que sexa complicada, preocúpame mais chegar o mais descansado enriba de todo, que intentar correr moito.
Para mín son fundamentais dous aspectos:
Por un lado bracear de tal forma que consigas impulsarte algo mais e, por outra banda, dar zancadas mais curtas das que ibas dando por chao.
Pensa que subir unha costa, e ir subindo escalós a cada zancada que das, é como si subiras escaleiras ata un 5 piso, por exemplo. Si os escalós son moi altos cansaráste mais que si son de pouca altura.
É un pouco como os ciclistas, que cambian de marcha para poder subir costas, dando moitas pedaladas, pero que non avanzan tanto como no chao.
Pois aquí é igual: dar mais zancadas, pero mais curtas, de tal forma que a cada zancada avances menos altura, cansándote menos. Irás mais lento, si (como os ciclistas nunha marcha larga), pero chegarás mais enteiro enriba.
Zancadas curtas e bracear mais, paréceme fundamental e que veume moi ben, por exemplo, subindo a dura costa do Vilar na nocturna de Narón.
Saúdos.