Dom, 26 Ago 2018, 0:37
Asunto: Sorteo 2 dorsais para Trail Celanova (9/9/18): PECHADO
Sorteo de dorsais para a carreira:
III Trail de Celanova
Domingo 9 de setembro de 2018
Que se sortea?
2 dorsais
(un dorsal pode ser empregado tanto para a modalidade individual como para a de relevos por parella*)
*Neste caso, ver a disposición adicional ao final do regulamento.
Como participar?
Explícase no regulamento
REGULAMENTO
1. Os dorsais que se están a sortear foron doados amablemente polos organizadores da carreira:
Lugar e data de celebración: Celanova, domingo 9 de setembro de 2018.
Web da carreira: https://championchipnorte.com/evento/detalle/id/1552/iii-trail-y-andaina-de-celanova
Enlace ao calendario: http://www.correrengalicia.org/index.phpname=CPGNuCalendar&view=event&id=5769&date=20180909
Enlace ao fío do foro:
2. A promoción do sorteo realizarase na páxina web
www.correrengalicia.org e nas súas redes sociais.
3. O prazo para participar no sorteo será dende o domingo 26 de 2018 ao xoves 30 de agosto de 2018, ámbolos dous incluídos. Hora de finalización: 23:59 horas de dito xoves 30 de agosto. Na medida do posible intentaremos que os sorteos se organicen e se resolvan con antelación suficiente para que, no caso de non resultar agraciado, ter a oportunidade de inscribirse na carreira por conta propia e en prazo de coste normal.
4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios rexistrados en
www.correrengalicia.org antes do inicio da data do sorteo e que estén dados de alta no Circuíto 2018-19. Os colaboradores de Correr en Galicia tamén poderán participar no sorteo.
5. Abrirase un fío para o sorteo da carreira en
www.correrengalicia.org (que é este mesmo), onde
as persoas participantes deberán escribir unha mensaxe cumprindo sempre os dous seguintes requisitos:
-Indicar o seu desexo de participar no sorteo.
-Comentar a súa experiencia previa na carreira (en caso de ter participado nalgunha edición anterior) ou explicar por que lles gustaría ir.
Non se aceptarán comentarios groseros ou con insultos. Estas mensaxes non serán tidos en conta como válidos para o sorteo, serán borrados do fío e a persoa autora dos mesmos será vetada para participar neste ou noutros sorteos que se realicen no futuro.
6. As persoas participantes poderán responder no período de tempo habilitado (do 26 de agosto ata as 23:59 do 30 de agosto). Non se terán en conta os comentarios fóra dese período e soamente se contabilizará un comentario por persoa (é dicir, pódese escribir no fío máis dunha vez pero isto non aumentará as posibilidades). Se non hai comentarios, o sorteo quedará deserto.
7. As persoas gañadoras serán seleccionadas de forma aleatoria e se publicará no propio fío ao día seguinte da finalización do sorteo. No punto 9 establécense as canles de comunicación coa persoa agraciada. Cando non se puidese contactar con dita persoa no prazo de 48 horas ou se reuniciara ao premio polo motivo que fose, publicarase o nome da persoa suplente seguindo por orde estricto un listado de suplentes obtido da mesma forma que se seleccionan aos gañadores. Novamente, contactarase con estas persoas a través dos medios establecidos.
8. Premio: o premio consiste na inscrición gratuíta á carreira. O premio será persoal e intransferible e non poderá canxearse por ningún outro elemento, nin efectivo nin especie.
A PERSOA GAÑADORA COMPROMÉTESE A NON CEDELO A UNHA TERCEIRA PERSOA.
9. A publicación das persoas gañadoras, facendo mención ao seu nickname de Correr en Galicia, será realizada no propio fío do sorteo e, de ser posible, tamén nas redes sociais de
www.correrengalicia.org. Nesa mesma mensaxe no fío, explicarase o proceso para o envío dos datos. É responsablidade de toda persoa participante entrar no fío do sorteo nas 48 horas seguintes á finalización do sorteo. En caso de non ter resposta nestas 48 horas, o dorsal pasará ao primeiro suplente.
Non se controlará a non asistencia á carreira nin se dito dorsal foi cedido a outra persoa para que usase, pero se esta información chega a algún dos colaboradores do circuíto e compróbase que así foi, esta persoa participante será amonestada e sancionada. A primeira amonestación conlevará a suspensión da participación temporal nos sorteos durante un mes. No caso de reincidir en trampas, a suspensión estenderase a toda a tempada 2018-19.
DISPOSICIÓN ADICIONAL. Neste sorteo en particular, a inscrición pode ser empregada tanto para obter un dorsal individual como para un dorsal de parella para os relevos. No caso de que a persoa agraciada escolla a modalidade por parellas, esta debe de estar formada por:
-A persoa agraciada no sorteo e que debe cumplir os requisitos citados con anterioridade.
-Unha segunda persoa que tamén debe ser usuaria rexistrada en
www.correrengalicia.org antes do inicio da data do sorteo e estar inscrita no Circuíto 2018-19.
Última edición por O_Circuito o Xov, 30 Ago 2018, 22:05; editado 1 vez