Mér, 29 Ago 2018, 9:59
Asunto: Re: XII CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE BOIMORTO 1/09/
Hola de novo,
ao finalizala carreira e entrega de premios, está aberta a posibilidade de aquelas persoas que desexen quedarse a cear, poidan facelo no Restaurante Vilanova con outros corredores e parte da organización.
Deberá estar inscrito na carreira e pode levar acompañante (tamén nenos).
Hai prazas limitadas por razón de espacio no local.
O prazo de reserva remata mañá xoves ás 15:00 horas.
O menú é o seguinte:
1º Entrantes: Rulo de salmón recheo, tosta de queixo de Arzúa e xamón e brocheta de langostinos fritos en pan chino con maionesa.
2º A elexir entre: arroz caldoso con merluza ou secreto de porco á grela con patacas.
Postre: tarta 3 chocolate con xeado.
Bodega: viños da casa, refrescos e café
Todo por 20€
Tamén hai menú infantil para os nen@s composto por: croquetas de xamón, calamares e milanesa de polo con postre e bebida por 10€.
Os interesados deberán poñerse en contacto co número de teléfono de información que figura no reglamento da carreira.
Tamén querermos informaros que a carreira coincide coas festas patronais de Boimorto en honor á Virxe do Rosario.
Máis adiante publicaremos o cartel.
Saúdos.