Ven, 07 Set 2018, 14:27
Asunto: Re: I Carreira Popular Festa Mariñeira Concello de Fene
Boas tardes:
Para aparcar tedes varias alternativas. Ante todo recomendamos vir con tempo.
O Concello de Fene habilitará mañá dous espazos, ambos moi preto da Festa Mariñeira e, por tanto da zona de saída/meta. Accédese baixando pola rúa Riveiroa (distínguese ben xa que é a que ten unha pancarta da Festa Mariñeira colgada que se ve desde a carreteira da Palma). Un é un campeiro e outro é abaixo nas antigas instalacións de Fondomar.
Sen embargo, recomendamos outras alternativas nas proximidades, pois non son moi grandes esos dous espazos: O Ramo (estación de tren, aparcadoiro do colexio,...), zona de o Camiñante (trozo de carretera antiga, detrás do parque dos bancos), ou mesmo dentro do circuíto na estrada do Peirao se pode aparcar (antes das 11:00 h xa que a esa hora pecharase o circuíto ao tráfico ata remate da proba). Tamén, algo máis lonxe, para vir trotando un pouco, na parroquia de Maniños podedes atopar sitios para aparcar na propia carretera da Palma ou na estrada que baixa desde Maniños ao Seixo.
Por último dar varios avisos, aínda que tamén se recordará mañá por megafonía:
- As duchas do pavillón de O Ramo estarán abertas ata as 14:00 h, de forma que todo aquel que queira ducharse e quedarse a comer na Festa Mariñeira dispoña de tempo suficiente.
- A entrega de trofeos e premios está prevista para as 12:30 h. Aqueles corredores que queden nas dez primeiras posicións, serán chamados por megafonía para facerlles entrega do vale de 20€ que dona o Concello de Fene para comer na festa mariñeira. Deben ter o dorsal no momento da entrega para identificárselles. Tamén, aínda que non está no regulamento, entregaráselle un diploma no podio aos tres primeiros clasificados de cada sexo da carreiras de "pequerrechos" e "medianos".
Por último desexarvos unha boa carreira e que disfrutedes do día, que ademais o tempo vai acompañar.
Deica mañá!!!