sanmikel escribió: |
Boas, so quería indicar, tal como fixen o ano pasado que o regulamento desta proba deixa moito que desexar. En outros concellos, organizacións.. teñen un regulamento con moito máis sentido. Deixo un exemplo: Rglmto. Carrerias Arousa Norte. Non sei quen decide, aconsella, xestiona estos temas, pero estamos moi lonxe dos circuítos que se realizan na nosa comunidade. O noso circuíto so perxudica os vigueses. Exemplos: so contabilizan os puntos dos inscritos no circuíto (a posición a mesma), se non vas a unha carreira, sumanche puntos como o total dos que foron a esa carreira inscritos no circuíto... Participantes no circuito: serán aqueles deportistas (adultos ou menores de idade) que se inscriban na modalidade de circuito co obxectivo de completar a participación no mesmo. Os mesmos entrarán na clasificación particular de cada unha das probas do circuito nas que participen, e tamén puntuarán na clasificación xeral do circuito contra todos/as os que o fagan do mesmo xeito. O prazo para inscribirse nesta modalidade finalizará ao remate do prazo de inscrición da segunda proba, xa que para tomar parte nesta clasificación deberán participar e rematar alo menos 3 das 4 probas do circuito. Deberán correr obrigatoriamente co chip e dorsal facilitado pola organización para as catro carreiras que compoñen o circuito PUNTUACIÓN INDIVIDUAL POR PROBA - Na clasificación individual de cada proba os participantes no circuito levarán un número de puntos igual ao posto obtido en cada carreira SÓ TENDO EN CONTA OS PARTICIPANTES NA MODALIDADE DE CIRCUITO, de xeito que o primeiro clasificado obterá 1 punto, o segundo clasificado 2 puntos e así sucesivamente ... OS ATLETAS QUE NON PARTICIPEN NALGUNHA PROBA DARÁSELLE UN NÚMERO DE PUNTOS SIMILAR AO NÚMERO TOTAL DE PARTICIPANTES NA MODALIDADE DE CIRCUITO NA MESMA, DE XEITO QUE NON OBTEÑAN VANTAXE ALGUNHA DA NON PARTICIPACIÓN. - Para tomar parte nas clasificacións finais do circuito, os participantes deberán completar como mínimo 3 das 4 probas do circuito. - A clasificación xeral do circuíto será modificada despois de cada proba do circuito. - A clasificación do circuito realizarase en orde inverso, segundo se teña un menor número de puntos. - Para o reconto final de puntos, terase en conta as 3 mellores puntuacións de cada participante. |
arroas escribió: |
Queria saber se habera servizo de gardarroupa para esta carreira, xa que no regulamento non indica nada sobre o mesmo. Grazas |