Mar, 18 Set 2018, 17:22
Asunto: Re: Correr Descalzo
XoseM escribió: |
Correcto. Todo bien.
Só dicir que Andrés61 abríu o fío para "compartir experiencias", non para reivindicar nada
Aínda que lembro que hai dous ou tres anos a federación de montaña non permitía compertir con sandalias. Moito lío houbera daquela. |
Non podían asegurar a integridade dos corredores, empezaron a aparecer corredores con "esas pintas" e non souberon moi ben cómo atallar a nova opción, ou eso alegaron.
Eu teño tamén a miña experiencia ainda que descalzo puro non me arranquei aínda. Eu corro con unhas sandalias tipo taraumara (se queredes o modelo exacto non teño problema en facilitalo).
A verdade que eu collín a costume no verán, porque gústame andar descalzo, de correr algún día pola praia. E o cú inquieto que son déume por andar probando cousas, de ahí que lancéime a probar cunhas "chanclas". Total, teño varios pares de zapatillas e as uso indistintamente para entrenar. Ademáis estiven leendo e quería fortalecer a zona inferior das miñas perniñas, intentar correr máis "naturalmente" e ver qué tal ía reaccionando o corpo.
Un inciso, gústame bastante o monte e aínda que paso a mayoría da miña actividade diaria na cidade intento escaparme cara un terreo máis amigable coas miñas articulacións.
Total que empecéi a entrenar con elas, primeiro andando, despois trotando e pouco más, que eu correr no se pode decir que corra, eso o fai Kipchoge

. Empecei con 500 m, despois con 1 km e fun aumentando pouco a pouco. Aventuréime ata os 12 km e quedei ahí. Case todo pola ruta da auga de Cecebre e o Monte Xalo, en Coruña, polo asfalto no andaba tan cómodo. Pero eu seguía entrenando, cada día con ún tipo de zapatillas. E coincidúme na época estival, polo que o volúmen de entrenos era moito menor, así a adaptación era más sinxela, ou eso creía eu.
Incluso fixen a carreira de Cambre e foi muy interesante o experimento, con boas sensacións e amoldándome ao novo piso. A frecuencia das zancadas era maior, a longitude era menor, era outra maneira de facer o que xa estiven facendo durante anos. Era aprender.
As sensacións? pois un pouco de machaque e un pouco de calor, algo máis ou menos previsto. Cando remataba os entrenos notaba o sóleo bastante cargado, sobre todo nas primeiras veces, despois o dor foi desaparecendo.
Chegou o inverno e abandonei un pouco ese calzado.
E sacudínlle bastante aos entrenos, ao monte e a o asfalto...
E agora teño unha fascitis, espero que non tivera nada que ver, pero espero voltar a usar este calzado, creo que mellorei na técnica e os problemas musculares, pero non sei si escarallei as plantas dos pes.
Un saúdo,