Mar, 25 Set 2018, 21:46
Asunto: Re: Circuito CorreSan 2018 - Ruta da Prata, Angrois (13/10)
Boa noite amig@s.
Despois da espectacular carreira nocturna, na cal como ben decía o amigo "Cesgti", "como patea a xente"
![Guiño Guiño](images/smiles/icon_wink.gif)
, chega a segunda cita do circuito: a singular proba do barrio de Angrois, un barrio comprometido co atletismo cun dos clubes de referencia en Compostela, o Noitebra FC.
Todos os anos nos reciben cun agarimo especial e dese xeito para nós é un pracer voltar de novo a Angrois.
A cita será o sábado 13 de outubro a partir das 18:00 horas.
Xa vós podedes inscribir e consultar toda a información na páxina web
www.corresan.com , unha web que nos houbera gustado tela lista antes da carreira nocturna, pero que debido a unha serie de asuntos técnicos que non merece a pena mencionar, e menos despois dalgúns comentarios escritos neste fío, non foi posible tela no prazo que a nós nos houbese gustado.
Así, a proba de Angrois marcará a derradeira oportunidade de inscribirse na modalidade de circuito; así que non perdas a mesma e inscríbete!!. Queda todavía moito vir, Angrois, Ruta dos Parques e a ansiada proba no Barrio de San Pedro.
GRazas a todos e lembramos que en breve sacaremos as clasificacións de equipos, clubes e individuais.
#tentamosmellorardiaadia