DoctorSlump escribió: |
No hay el menor problema con la organización ni van a empañar nada. Cuenta, eso sí, con un pequeño embotellamiento al terminar, que puedes evitar saliéndote a cambio de perder un botellín de agua. |
XoseM escribió: | ||
jaja si lle poñen un carteliño destos alí en Santa Isabel e a xente saca forzas de onde sexa |
AJACAST escribió: | ||
Despois de lervos teño unhas ganas tolas de correr esa carreira (nunca a fixen) e o mesmo tempo non quero saber nada dela. Curioso... Polo que vexo é outro caso claro de cómo unha deficiente organización pode arruinar un percorrido '5 estrellas'
|
Kurty escribió: |
Señor@s, todos os anos o mesmo, dando paus a esta carreira, (o mesmo pasa ca Vig/Bay) non se esquezan de que esta carreira quen a organiza e a mantén ao longo de 40 edicións, é o Correo Gallego, que ten erros, pois si, tamén os teñen outras carreiras e non por eso estades todos os anos ca mesma matraca. Aos detractores dela, se non vos gusta non a corrades, (e non o digo con mal tono, é o que fago eu con certas carreiras que non me convencen por determinados motivos) creo que nos derradeiros anos fixeronxe unhas cantas carreiras en Santiago e con remate na praza do Obradoiro, non só esta. Esta carreira ata hai uns poucos anos era gratuita, e empezouse a cobrar polo que todos sabemos; os anotados e que non participaban, facilidade para recoller o dorsal, os días previos ou se non o mesmo día (en 2 capitais de provincia non os dan o mesmo día), 2 ou 3 pabillóns para ducharse. Sempre coincide co cambio de hora, polo que non hai que madrugar para os que son de lonxe encima para ser en Outubro, a climatoloxía soe respetar. Un circuito fermoso e super animosa e multitudinario o público, e non son só os familiares dos que corren, eu sei de xente de Santiago que xa o fai coma un tradición o de ir ver a carreira e ver aos coñecidos que a corren. Eu esta carreira é a única de todo o calendario que non me perdo por nada, ata a fecha van 15 participacións e espero facela moitas máis. Moitas grazas. |