Dom, 30 Set 2018, 10:38
Asunto: Re: XIX CARREIRA POPULAR SANTA UXIA. CONCELLO DE RIBEIRA
Moi contento despois da carreira de onte. Circuito rapidísimo, sen costas ningunha, simplemente uns pequenos desniveis que se compensan ao momento.
Obxetivo de onte acercarme o máximo posible a 4'35" por Km. pero xa saín por debaixo de 4'30" os 2 primeiros Kms, e depois só fixen por riba de 4'30' o 3º,4º e 6º, indo en todo momento moi ben, facendo o derradeiro Km. en 4'10", para baixar uns cuantos segundos de 45'.
Contento, xa que levei un ritmo moi parello toda a carreira. nos 9 primeiros Kms. só houbo unha diferencia de 6" entre o mellor (9 Km.) e o peor (3º Km.).
Carreira moi ben organizada, moita animación na zona de saida/meta e un bo avituallamento final líquido e sólido, con cerveciña incluida. Servicios médicos e servicio de fisioterapia, ademáis de todo o montaxe que leva Emesports as carreiras, con Terio Carrera de "Speaker".
Este ano como ben dixeron non estaba homologada por mor das obras que levaron a cabo, pero se a voltan a homologar, é un sitio idoneo para facer MMP, se vas en forma. E para os que xa non nos imos a acercar as nosas marcas, sair cunha satisfacción da carreira.