Lun, 01 Out 2018, 11:32
Asunto: Re: V 21K Rodosa "Costa da vela" (30/09/2018)
Gran carreira!!! Dura como media maratón que é e bonita a partes iguais. Pena que a brétema non nos deixara disfrutar onte das vistas, aínda que iso fixo que a temperatura fose perfecta.
Como crítica, o único o tema dos cruces. Certo é que en todos había algunha señalización, pero algúns non eran tan sinxelos cando vas metido en carreira e a cabeza xa non pensa tan rápido polo cansancio. De feito, eu confundinme nun no cal había persoas indicando, pero non foron moi claros na indicación (xa nos últimos 3-4km e por asfalto, un cruce no que había que xirar á esquerda e subir unhs escaleiras) e seguín recto. Avisáronme rápido e só foron uns metros, pero a esas alturas súfrese con calquera cousa jejeje En calquera caso, pequenos detalles sen demasiada importancia e que son fáciles de correxir
Moitas grazas por permitir que a 21K Costa da Vela se celebrase un ano máis e noraboa por toda a organización!
PD: para vindeiros anos, penso que si que sería interesante publicar a lista de equipos inscritos. No meu equipo todos estábamos avisados polo capitán (que foi quen recibiu o correo de confirmación); pero por un mal entendido, un compañeiro tamén foi inscrito en outro equipo. Finalmente fomos descalificados ambos equipos (loxicamente e ben feito por suposto), cando nós houbésemos quedado segundos, se non me fallan as contas. Como digo, erro noso e ben feito pola organización. Pero publicando a lista de equipos inscritos, quizais se houbese evitado este problema. Que por certo, pareceume unha gran idea a categoría por equipos nunha carreira como esta