Dom, 30 Set 2018, 12:27
Asunto: Re: VIII Carreira da Auga, Sada
Pois ao final, mellor do esperado polo respeto que impoñían esas rampas, con un ritmo total de 4:29, pasando polas rampas entre 4:20 e 5:00 para un último km. por debaixo de 4:00.
Neste primeiro ano que salgo a competir nas carreiras estanme quedando claras dúas cousas: que eu son corredor de finais, sacando forzas de non sei donde, pero si a falta de 2-3 kms. ando a todo o que dou, logo saen forzas de non sei donde e permítenme acelerar a tope. Será que eu sempre fun mais de velocidade que de fondo....non sei.
A outra cousa que saco en claro é que nas carreiras, será pola adrenalina, pola motivación, ou polo que sexa, pero sempre corres mais rápido que nos entrenos, o que me está levando a mellorar as miñas marcas a cada carreira nova á que vou.
A pena é que ata finais de novembro non irei a outra, coa carreira Contra a violencia de xénero, en Ferrol.
Pero bueno...seguiremos entrenando cada semana
As miñas felicitaciós para a organización da carreira. Quedei con ganas enormes de voltar o ano que ven.