Ven, 28 Set 2018, 14:36
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Trail Montefaro LONGO (28/10/18): PECHADO
Ola FitoBeer,
Como di Lihto, non había consenso entre os colaboradores do circuíto sobre que facer coa túa participación. Algúns opinaban coma ti e consideraban que debía ser aceptada, outros consideraban que non se pode facer excepcións. Lihto explica perfectamente os motivos polos cales se tomou finalmente esa decisión. Decisión que non é xusta, como ti mencionas, pois fixeches o que se che indicou e en tempo. Sendo un problema noso que dita solicitude sexa efectiva.
Por este motivo, como membro do equipo que traballa no circuíto esta temporada e que conformamos o admin e os colaboradores, pídoche disculpas por non ter actualizado en tempo o cambio de nick.
Esperemos que o admin actualice canto antes os cambios de nick e que así poidas participar en todos os sorteos.
Un saúdo,
sonsuso