Mér, 03 Out 2018, 10:17
Asunto: Re: Centro Alto Rendimiento Marisqueiro (CARMA)
Resumo da fin de semana do 29 e 30 de setembro de 2018
Temos nova "negra", e xa a lucimos por toda Galicia (con victoria incluída!):
Trail Urbano Murallas de Monçao
Non podíamos comezar por outra carreira, tiña que ser o Trail Urbano Murallas de Monçao, onde
gdmfirm subiuse ao máis alto do podium tras gañar a clasificación xeral. A primeira victoria dunha nécora vestindo a nova equipación.
Como el mesmo afirma na súa minicrónica (que podedes atopar no enlace que hai ao final da mensaxe): "INCREÍBLE VICTORIA ABSOLUTA 15K TUMM Muralhas Monçao!"
Ademais,
gdmfirm tivo outro gran premio por xentileza do noso patrocinador El Trigal, unha tarta que compartiu o luns en Castrelos con outros compañeiros.
21 K Costa da Vela
Gran representación do C.A.R. Marisqueiro nesta carreira, con 16 nécoras percorrendo os sendeiros e as praias da Costa da Vela, no Morrazo. Algunhas das actuacións foron espectaculares, como a de
isaakfer rematando no posto 20, ou longas longas, como a das sete nécoras (o propio
isaakfer,
moterodeseco,
aurora,
canido,
chancletas,
franoterosal e
sonsuso) que foron ata a saída (dende Cangas) correndo para así facer a súa tirada longa dominical.
Tampouco queremos deixar de mencionar ao resto de nécoras que participaron na carreira e das que podemos coñecer como lles foi na carreira a través do enlace ás minicrónicas (ao final desta publicación), falamos de
Khene,
Sanmikel,
Khene,
JORGE.L.,
amarras,
Xan,
Lete e
Fonvigo.
Non deixedes de consultar as crónicas de
moterodeseco,
aurora,
chancletas,
lete e
sonsuso.
Volta pedestre a Aios
En Aios estivo
Karames, que logrou un 2º posto na categoría. Non puido ser coa nova negra, pero non temos ningunha dúbida de que
Karames e a nova negra tamén serán un tándem con éxito asegurado.
Trail Serra do Galiñeiro
Nesta carreira de montaña participou
Mclego. Podedes ler a súa crónica neste mesmo fío, tan só tres mensaxes antes. Non vola perdades!!!
Multiparticipación fin de semana
Mención a parte merece
cachofoucellas, quen o venres pola mañá fixo de liebre en Castrelos coa bici, pola tarde correu a Milla de Porriño, xa o sábado correu tamén a Milla de Marín, mentres que o domingo participou no Trail do Galiñeiro. Enorme!
Tendo ademais o privilexio de ser a primeira nécora fotografiada en carreira coa nova camiseta.
---------
Isto foi todo por esta fin de semana. Como sempre, podedes consultar todo tipo de detalles, fotografías e minicrónicas que escribiron as nosas nécoras no enlace:
Minicrónicas da fin de semana do 29 e 30 de setembro.