Lun, 01 Out 2018, 11:56
Asunto: Re: Pedestre Santiago 2018, 28 de Outubro.
Este ano ten premio dobre: chegada ao Obradoiro e catedral sen andamios! jejeje
Agora falando en serio, unha carreira que é o que é. Grande e clásica tanto para recibir críticas como para ser das máis especiais e nas que máis se disfruta. Eu intentando ser obxectivo e limitándome unica e exclusivamente á organización da carreira, creo que non merece tantas críticas. Podía anunciarse con meses e facelo a bombo e platillo, si, podía, pero non o fan e non pasa nada. Non é unha maratón, nin se quera unha maratón, non require ese tipo de preparacións, e como xa se dixo, todos sabemos cando vai ser (salvo cousa rara). Tamén podía ter un mellor avituallamento final, pero non o ten, e que? Ten o xusto e necesario; outra cousa é o atasco que se forma (descoñezo se hai outras opcións loxísticas). O servizo de gardarroupas si que é algo a mellorar, así como o plus ou guinda do pastel que sería cronometrar a subida a Vite.
Eu despois de varios anos indo, non son capaz de atopar algo realmente mellorable máis alá do servizo de gardarroupas (necesario) e de algún aliciente máis como podería ser a subida cronometrada (descoñezo o gasto que suporía económicamente). O outro son cousas mellorables ou non, pero como calqueira carrera que hai en Galicia, unhas mellores e outras peores. De feito, se tan malo é o avituallamento, por que esperamos por el e non imos directamente a pola botella de auga do coche (ou gardarroupas se o houbese) ?
Sexa como sexa, estaremos na saída